Por Lois Pérez Leira | | 06/06/2016
Noriega de forma reiterada por activa e por pasiva sinalou dando rodeos, que o candidato seria parte dun proceso. Palabra esta, “Proceso” que reiterou en varias oportunidades. Isto deixaba claro que Beiras non era considerado o candidato natural do instrumento político, que podería xerar o sorpaso e presidir a Xunta de Galicia. Ante estas declaracións quedei altamente sorprendido. Xa que o “delfín” de Beiras e home elixido sen ningún “proceso” previo fose tan difuso e pouco contundente, na súa resposta. Isto sería o mesmo que si a xornalista lle preguntase a Erejón si pensa que Pablo Iglesias sería o candidato natural a presidente e este respondese quee o seu nomeamento tería que ser parte dun “proceso”. A resposta de Martiño déixome auténticamente preocupado, aínda que os inventores da nova política, utilicen este tipo de definicións sempre vagas.
É esquizofrénico pensar que o candidato que logrou a maior cantidade de votos do nacionalismo de esquerdas e xerou a gran Marea de AGE, que repercutiu posteriormente en todo o Estado, este pendente dun “proceso”.
O meu amigo Carlos Morais numha das suas últimas análises que realizou -da cal coincido en case a totalidade da mesma- con datos concretos realiza unha radiografía de como foron estes procesos cidadanistas: “Três exemplos recentes som expressom gráfica deste grande engano. Em setembro de 2015 na consulta telemática de Em Marea para avaliar a confluência com a plataforma Iniciativa Pola Uniom só participárom 422 pessoas.
No processo de eleiçom da nova direçom da sucursal podemita na Galiza em março deste ano participou 15.77% de um censo claramente inchado: 3.225 pessoas premérom o cómodo voto telemático durante três dias. Na mais recente consulta entre a filiaçom de IU na Galiza para avalar o pacto eleitoral com Podemos votárom 507 pessoas.
Mas quando a consulta adota forma de assembleia ou congresso a participaçom é inferior, tal como se constata na recente Assembleia da Marea Galega [15 de maio] onde só se inscrevérom 715 pessoas. O inocultável confronto interno entre Podemos, Anova e IU nom estimulou muita mais assistência que a das microcastas dos minúsculos partidos, das elites locais, dos apparatchiks e dos carreiristas e oportunistas que competem por situar-se adequadamente para ocupar os staffs .”
Morais deixa en evidencia que estes “procesos” son unha autentica farsa e onde o nivel de participación é totalmente insignificante. Convertendo a estes procesos carentes de lexitimidade terminan sendo negociados ás costas dos que din representar. É así como se elixíron os candidatos a deputados/as que na actualidade repiten a súa postulación e é posible que co mesmo método se intenten escoller os candidatos ao parlamento galego. A isto chámanlle “Proceso” e defínen como a “Nova Política”. Xosé Manuel Beiras suscitou outras alternativas de confluencia máis trasparentes aínda que eu sigo pensando que o método da Fronte Ampla Uruguaia é o sistema que deu mellores resultados de funcionamento de toda a esquerda internacional.
Galicia necesita de autenticas organizacións transformadoras da sociedade e lideres nados da loita. Xa basta de xuíces, médicos, políticos recentemente subidos á ola do mar do oportunismo. Necesitamos traballadores e traballadoras. Xentes do rural. Mozos que queiran cambiar o mundo. Mulleres loitadoras. Necesitamos un pobo organizado en Poder Popular, para estar representándonos maioritariamente no próximo parlamento galego.
Queremos un parlamento que abra un proceso constituinte que declare a República Galega, como o 27 de xuño de 1931. Xosé Manuel Beiras será o noso candidato da rebeldía social e política.