Reflexións sobre o papel dos medios

Anxo Quintana acabou, finalmente, atacando públicamente á La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/02/2009 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Hai días que o vicepresidente da Xunta ven denunciando a campaña que este medio ten contra el e contra o nacionalismo e acusa ao seu editor e dirección de aliarse co PP para tentar que o bipartito non volva gobernar en Galicia. Precisamente, Quintana utilizou un convenio asiando por Feijóo con La Voz na campaña das pasadas autonómicas, para amosar a relación que existe entre os populares e este medio.

Nunha campaña sen precedentes pola implicación de determinados medios de comunicación (non só La Voz de Galicia), Quintana mesmo chegou a afirmar, en privado e ante xornalistas, que a partir do vindeiro 1 de marzo "vaiselle acabar o choio" a La Voz. Unhas declaracións que amosan a postura irreconciliable do líder nacionalista con este medio de comunicación logo das informacións publicadas sobre el, e que non son propias dun dirixente político en campaña electoral.

O nacionalista quere (sempre e cando se reedite o pacto co PSOE) regular as subvencións aos medios de comunicación, un feito que levan reclamando dende hai anos o Sindicato de Xornalistas de Galicia e o Colexio de Xornalistas, sen que ata o momento, PSdeG e Bloque teñan feito nada durante os catro anos de goberno.

En todo caso, a regulación de subvencións debe de ser para todos os medios (prensa, radio, televisión e internet), con todas as consecuencias e sen prevendas políticas ou electorais porque, en campaña electoral, son moitos os medios que toman partido por uns ou por outros sempre que haxa un aval económico polo medio. Agardemos que, a partir da vindeira lexislatura, todos os partidos se poñan dacordo, por unha vez, para evitar espectáculos que, en nada axudan, a normalizar a vida política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

40 Galego

O xornal deportivo Depor Sport, editado polo Deportivo da Coruña, cargou onte contra a política de subvencións da Xunta de Galiza no tocante aos medios de comunicación e en especial contra as axudas que recibiu La Voz de Galicia S.A. e o Grupo Voz que en 2008 ascenderon a máis dun millón de euros.

Critican dende o Depor Sport que La Voz se opoña a que a Xunta patrocine aos equipos de fútbol (a cambio promoción) cando ela recibe, sen achegar en contrapartida nada a cambio, axudas millonarias.

Neste contexto sinalan que o virulento ataque que está a acometer La Voz contra o BNG "obedece á intención de Quintana de cambiar a relación entre a Xunta e os medios", como asegurou recentemente o nacionalista nun almorzo no Colexio de Xornalistas e Galiza.

Para o Depor Sport "esta iniciativa vai destinada a poñer fin ás prácticas clientelares que permitiron a Santi Rey ter influencia na vida política galega", un poder que se podería ver truncado se os nacionalistas repiten á fronte do Goberno da Xunta . Quen ten medo? o BNG ou a ultradereita mediática e política. E iso dio unha sociedade deportiva sen vinculacións nacionalistas, moi ao contrario, neganse a denominar a equipa de fútbol co nome oficial da cidade, A Coruña. Pois iso, temblan os fascistas, temblan os caciques. Avante forza Galiza.

39 marinheiro

O s da Coz son uns neofascistas, perdón polo de neo, posto que dende 1936 veñen sendo alíados e complices da dictadura fascista e nunca pediron perdon por eso. Ao contrario sintense moi orgullosos da sua españolidade ao estilo joseantoniano. Basura periodística, fascistas, antigalegos de onte e de sempre, acudide a votar ao PP, como vo manda A Coz doseu Amo

38 tinto

La Voz xa está marcada e pouco inflúe o que diga ou non diga.

37 unqueestanoallo

E triste e lamentable a portada de hoxe de La Voz de Galicia. Estamos en xornada de reflexion, suponse que a unica informacion politica dun xornal serio hoxe para non influir no voto e falar dos actos de peche de campanha dos partidos da maneira mais aseptica posible.

La Voz, non estou sorprendido, por suposto, non se esperaba outra cousa. Inclue na sua portada dando a maior importancia informativa datos dunha denuncia contra o concurso eolico feito hai uns meses, e unhas denuncias dun sindicato de enfermeiras contra unhas oposicions dun organismo publico. Por suposto contra a politica do BNG. Logo rebate coas subvencions a Galicia Hoxe e El correo gallego tema que e o exemplo maximo da politica mediatica do goberno popular mantidas por forza no bipartito, rebate con esto certas informacions saidas na prensa dias antes contra a venta de espazos de informacion no 2005 feitos por La Voz de Galicia o goberno de Fraga.

Estamos en xornada de reflexion, non hai que falar do senhor Carrera agora, nen das adxudicacions de Fraga a dedo no concurso eolico, nen dos milleiros de millons de Fraga os medios, nen do enchufismo do PP, La voz respetou a xornada de reflexion nas autonomicas do 1993, do 1997, do 2001, do 2005... mais agora atopa de interese informativo exponher a merda dos politicos, mais a merda dun so grupo politico, xa se sabe que o resto non a ten. Xa que sexa verdade ou mentira o publicado da igual, a sanha e a pretenciosidade o afan manipulador e o odio profundo de La Voz cara a un grupo politico do pais non o ten nen A nosa terra co PP.

Desde logo houbo un grande cambio politico no 2005/2009 cando os xornais de determinados intereses economicos se rebaixan dun xeito tan rastrero e non lles importa comprometer a dignidade dun medio coma La Voz de Galicia e ponhelo a disposicion dos intereses duns poucos...

Ogalla os galegos aproveiten o dia e reflexionen sobre todo isto. Porque a Fraga non e agora si toca facer isto...

36 SSSS

SSS