Reflexións sobre o papel dos medios

Anxo Quintana acabou, finalmente, atacando públicamente á La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/02/2009 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Hai días que o vicepresidente da Xunta ven denunciando a campaña que este medio ten contra el e contra o nacionalismo e acusa ao seu editor e dirección de aliarse co PP para tentar que o bipartito non volva gobernar en Galicia. Precisamente, Quintana utilizou un convenio asiando por Feijóo con La Voz na campaña das pasadas autonómicas, para amosar a relación que existe entre os populares e este medio.

Nunha campaña sen precedentes pola implicación de determinados medios de comunicación (non só La Voz de Galicia), Quintana mesmo chegou a afirmar, en privado e ante xornalistas, que a partir do vindeiro 1 de marzo "vaiselle acabar o choio" a La Voz. Unhas declaracións que amosan a postura irreconciliable do líder nacionalista con este medio de comunicación logo das informacións publicadas sobre el, e que non son propias dun dirixente político en campaña electoral.

O nacionalista quere (sempre e cando se reedite o pacto co PSOE) regular as subvencións aos medios de comunicación, un feito que levan reclamando dende hai anos o Sindicato de Xornalistas de Galicia e o Colexio de Xornalistas, sen que ata o momento, PSdeG e Bloque teñan feito nada durante os catro anos de goberno.

En todo caso, a regulación de subvencións debe de ser para todos os medios (prensa, radio, televisión e internet), con todas as consecuencias e sen prevendas políticas ou electorais porque, en campaña electoral, son moitos os medios que toman partido por uns ou por outros sempre que haxa un aval económico polo medio. Agardemos que, a partir da vindeira lexislatura, todos os partidos se poñan dacordo, por unha vez, para evitar espectáculos que, en nada axudan, a normalizar a vida política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

5 unqueestanoallo

A lei de publicidade institucional non se aprobou nesta lexislatura por que o PSOE non quixo.
O BNG non compra a prensa coma fixo Fraga, exministro de informacion e turismo. Se a comprase non lle botaria a merda que lle bota calando ante a merda dos demais e obvio.
Por outra parte no 2005 houbo unha denuncia pola venta de espazo do xornal La Voz de Galicia a diferentes consellerias do goberno, ese contrato de 16 millons de pesetas , cantas sillas de 2000 euros se mercan con iso?, e tan so para a conselleria de vivenda dun tal Feijoo, pero hai mais... iso obviando que no 2005 non estaba prohibida a publicidade institucional e que os medios estaban inzados de propaganda das inauguracions de Don Manuel...
Efectivamente a toda a prensa se lle acabara o choio se ganha o bipartito o 1M, e en particular a La Voz de Galicia que foi a que mais chupou, por suposto tamen Radiovoz e a sua productora.

E por iso polo que o senhor Fernandez LAtorre nunca tivo collons a dicirlle a don Manuel un "yo protesto", e o bipartito dille que son tan caciques coma os de antes sen dicir o que pasaba antes... Pero claro este senhor e moi educado e xa se sabe que non se pode falar coa boca chea.

4 zizo

La Voz leva toda a vida medrando a conta do pp agora rematou a sangria da muxideira.

3 Camba

¿La regulación de las subvenciones afectará a toda la intelectualidad patriotera bajo el paraguas del Bloque, o es solo para callar al único medio al que no consiguieron silenciar?

2 Camba

Ni un euro para los fascistas totalitarios con piel de cordero del BNG

1 Elentir

Nin un euro para a prensa amarela golpista de estilo PPedrojota.