Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2016 | Actualizada ás 18:00
En declaracións a Europa Press, Sanmartín aclarou que "en todo momento o BNG mira que haxa un seguimento dos acordos asinados", tanto o acordo marco para todas as deputacións, como para cada pacto especificamente. Referíase así as declaracións de Lobeira quen este martes apuntaba que, a partir de agora, o BNG mirará con lupa todos os acordos cos socialistas nos órganos provinciais.
Neste sentido, incidiu no caso "excepcional" que foi o de Lugo, coa cuestión concreta de Manuel Martínez, o alcalde de Becerreá, que primeiro non se suxeitou á disciplina de voto para facer presidente a Darío Campos e despois participou na moción de censura pero, tras quedar fóra das áreas de goberno pola oposición do BNG, abandonou o Grupo Socialista.
Goretti Sanmartín afirmou que o pacto na Coruña "funciona perfectamente", como así tamén acontece en Pontevedra. Na súa experiencia persoal, dixo que hai "absoluta normalidade". "Nin o pacto da Deputación de Pontevedra nin o da Coruña están en perigo, pode quedar absolutamente claro. Non hai risco dunha situación similar á de Lugo, que é excepcional", aseverou.
Sanmartín, que asegurou que o contacto co vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, tamén é "frecuente" e por iso pode trasladar que "non hai ningún problema", insistiu en que o de Lugo é "unha cuestión puntual".
Sobre iso, recordou que o PSOE negociou uns presupostos provinciais co PP "a costas" dos seus socios do BNG. "Se son dúas forzas socias dun goberno, o normal é que os presupostos os fagan os socios de goberno e, o que non se pode facer, é pactar a costas", subliñou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.