A vicepresidenta da Deputación da Coruña corrixe a Bieito Lobeira

A membro da área de Organización e Institucional, Goretti Sanmartín, asegurou que "nin o pacto" co PSOE nesta institución "nin o de Pontevedra están en risco ou perigo", malia o acontecido na Deputación de Lugo e despois de que o tamén integrante da Executiva Bieito Lobeira dixese que se revisarían os acordos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

En declaracións a Europa Press, Sanmartín aclarou que "en todo momento o BNG mira que haxa un seguimento dos acordos asinados", tanto o acordo marco para todas as deputacións, como para cada pacto especificamente. Referíase así as declaracións de Lobeira quen este martes apuntaba que, a partir de agora, o BNG mirará con lupa todos os acordos cos socialistas nos órganos provinciais.

Goretti Sanmartín, responsable de Organización do BNG
Goretti Sanmartín, responsable de Organización do BNG | Fonte: EP

Neste sentido, incidiu no caso "excepcional" que foi o de Lugo, coa cuestión concreta de Manuel Martínez, o alcalde de Becerreá, que primeiro non se suxeitou á disciplina de voto para facer presidente a Darío Campos e despois participou na moción de censura pero, tras quedar fóra das áreas de goberno pola oposición do BNG, abandonou o Grupo Socialista.

Goretti Sanmartín afirmou que o pacto na Coruña "funciona perfectamente", como así tamén acontece en Pontevedra. Na súa experiencia persoal, dixo que hai "absoluta normalidade". "Nin o pacto da Deputación de Pontevedra nin o da Coruña están en perigo, pode quedar absolutamente claro. Non hai risco dunha situación similar á de Lugo, que é excepcional", aseverou.

Sanmartín, que asegurou que o contacto co vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, tamén é "frecuente" e por iso pode trasladar que "non hai ningún problema", insistiu en que o de Lugo é "unha cuestión puntual".

Sobre iso, recordou que o PSOE negociou uns presupostos provinciais co PP "a costas" dos seus socios do BNG. "Se son dúas forzas socias dun goberno, o normal é que os presupostos os fagan os socios de goberno e, o que non se pode facer, é pactar a costas", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 castellano

Menudo chollo eh! Joretty!!