Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2016 | Actualizada ás 20:07
Un estudo da Asociación do Corzo Español en colaboración co Invesaga —grupo de Investigación en Sanidade Animal— da Universidade de Santiago de Compostela (USC) permitiu detectar por vez primeira vez nun corzo un parasito do que non se tiña constancia nesta especie.
Trátase, segundo os investigadores, da 'Hypoderma actaeon', dunha larva subcutánea que provoca intensas reaccións hemorráxicas baixo a pel dos corzos infectados. Ademais, a peculiaridade desta nova afección é que ata a data só estaba descrita en cervos e, esporadicamente, en gamos.
Ante a aparición deste novo parasito, a Asociación do Corzo Español está a traballar para coñecer o seu alcance real e tomar medidas para "minimizar a súa influencia". Así mesmo, solicita a colaboración dos cazadores na detección destes parasitos a través dunhas fichas dispoñibles na súa páxina web (www.corzo.info).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.