Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Galicia Confidencial | Vigo | 04/07/2016 | Actualizada ás 11:25
A bordo do buque Ramón Margalef, investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo —do Instituto Español de Oceanografía (IEO)— levarán a cabo unha campaña co obxectivo de analizar a contaminación nos sedimentos da plataforma noratlántica española, desde a costa ata os 500 metros de profundidade.
A campaña SECON 16 deu comezo este luns para tomar mostras de sedimentos na plataforma noratlántica española. En total, dez científicos e técnicos do IEO liderarán esta investigación a bordo do buque Ramón Margalef, que parte do porto de Vigo para levar a cabo esta campaña durante doce días.
Os investigadores tomarán mostras de sedimentos superficiais en máis de 75 estacións situadas ao longo de transectos perpendiculares á costa, chegando a estacións a máis de 500 metros de profundidade. O obxectivo da mostraxe é a posterior avaliación do contido en contaminantes e microplásticos nos sedimentos, así como estudo dos posibles efectos biolóxicos asociados á contaminación presente neses sedimentos.
Esta campaña realízase con periodicidade quinquenal e os datos que se obteñan como consecuencia da análise dos sedimentos desta campaña serán usados para a avaliación estatal e internacional do estado do medio mariño na rexión noratlántica en foros tales como a comisión OSPAR ou o Directiva Marco de Estratexias Mariñas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.