Por Galicia Confidencial | Monterrei | 07/07/2016 | Actualizada ás 13:00
Joaquín Balboa, natural de Monterrei, foi carabinero en Barcelona durante a Guerra Civil. Logo fuxiu a Francia e estivo detido nos coñecidos como campos da vergoña. En 1940 formaba parte da 209 Compañía de Traballadores, no departamento do Yonne, onde foi apresado polos alemáns en agosto dese mesmo ano. Pasou por varios stalags (campos para prisioneiros de guerra) ata recalar en Mauthausen, xunto a máis de 9.000 republicanos españois, en abril de 1941. Era un triángulo azul (apátrida) co número 3833.
A Asociación Cultural Monterrei Cultura e Territorio quer renderlle, agora, homenaxe a este loitador antifascista natural de Estevesiños (Monterrei) cunhas Xornadas sobre ‘Exilio e Deportación’ que se desenvolverán na Casa da Cultura de Verín os días 2,3 e 4 de agosto. Máis sobre a vida deste loitador antifranquista en Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.