BNG e Anova, tan preto e tan lonxe o 25X

As dúas forzas coinciden no ton progresista e nacionalista dos seus discursos nos actos do Día de Galicia, pero seguen moi afastadas a unha da outra, como se escenificou este ano en Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/07/2016 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A unidade do nacionalismo galego segue sendo unha quimera. Tras o espellismo do pasado ano, cando  todas as organizacións políticas nacionalistas, galeguistas e independentistas acudiron xuntas á manifestación unitaria do 25 de xullo, desta vez a realidade volve amosar a división do nacionalismo e da esquerda galega. Cada un foi polo seu lado no Día de Galicia, para uns, ou da Patria, para outros.

Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016
Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016 | Fonte: @GorettiSRei.

Non son poucas as voces que esixen que BNG e Anova se entendan dunha vez para artellar unha gran confluencia da esquerda nacionalista galega. Pero a Anova pésánlle os seus socios de En Marea —Esquerda Unida e Podemos Galicia,— considerados partidos ao servizo de Madrid polo sector da UPG, que domina o Bloque. E esa segue sendo a liña vermella que os separa: unidade só do nacionalismo ou unidade de todo o progresismo, tamén co español? Cando menos nos seus discursos de hoxe, ambas as dúas formacións coincidiron na necesidade de máis soberanía para Galicia e ambas as dúas chamaron a buscar o entendemento entre as partes, pero sen facer concesións explícitas, de momento, e marcando moito esa liña vermella de separación.

Tamén hai un laio compartido por moitos pola decisión de Compromiso por Galicia (CxG) de presentarse soa aos próximos comicios galegos, no canto de traballar pola confluencia do nacionalismo galego ou das mareas; algo que tamén quedou en evidencia hoxe co acto propio que tamén organizou este partido no parque Eugenio Granell.

E mentres, no PSdeG seguen ao seu, co seu tradicional acto do 25 de xullo afastados do rebumbio nacionalista, cun acto en Rianxo no que houbo unha ofrenda floral a Castelao.

BNG

A habitual manifestación que convoca o BNG polo Día da Patria comezou na Alameda de Compostela pasado un cuarto de hora do mediodía, cunha apelación a buscar unha "alternativa nacionalista" forte, como proclamou a voceira nacional e candidata da formación á Presidencia da Xunta, Ana Pontón.

Intervención de Beiras no acto de Anova co gallo do 25 de Xullo
Intervención de Beiras no acto de Anova co gallo do 25 de Xullo | Fonte: ‏@PepeAriasGZ.

"Hai que encher as urnas de voto ao BNG para botar a Feijóo", manifestou Ana Pontón, en declaracións previas ao inicio da mobilización que, como é habitual, rematou nunha ateigada Praza da Quintana coas intervencións políticas, incluída a da propia voceira nacional.

Así mesmo, a candidata á Presidencia da Xunta proclamou que "non vale" un "corta e pega" de propostas chegadas da "Complutense que non teñen que ver co noso país", subliñando a liña vermella entre eles e En Marea. Ana Pontón tamén subliñou que nesta mobilización están e foron chamados todos aqueles que defenden "a lingua, a cultura e que traballan para que Galicia poida saír adiante".

Posteriormente, Pontón expresou na Quintana que "temos que tender a man e unir a todas as galegas e galegos na defensa dun proxecto de país con futuro”, pero recoñecendo que hai condicións: "Cada día que pasa teño máis convencemento de que precisamos forzas políticas propias. Porque sen pobo autoorganizado non hai proceso de autodeterminación”, advertiu Pontón.

O BNG chega a esta manifestación tras aprobar as súas candidaturas para as eleccións galegas deste outono, a primeira formación representativa de Galicia que conta con todos os seus candidatos xa designados, de entre os cales algúns encabezaron a pancarta da marcha polas rúas compostelanas como membros da Executiva nacional xunto a Ana Pontón.

Faino tamén en pleno proceso de refundación e con voces internas que apostan por unha reconfiguración do nacionalismo de maior calado que a liña oficial aprobada na XV Asemblea Nacional do pasado mes de febreiro, como así fixeron reflectir no coñecido como 'manifesto de Vidán' que asinaron dúas deputadas autonómicas, Tereixa Paz e Carme Adán, que deron a batalla interna na asemblea, e o propio exvoceiro nacional, Xavier Vence.

Precisamente, as dúas deputadas deixáronse ver na parte máis dianteira da manifestación, mentres que o que foi voceiro nacional ata a asemblea de febreiro mantívose nun discreto lugar, lonxe dos focos dos xornalistas. Entre as caras coñecidas do nacionalismo galego tamén estiveron a voceiro do BNG en Bruxelas, Ana Miranda; o voceiro do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, e o o exlíder da formación Guillerme Vázquez.

ANOVA

Non moi lonxe de alí, tiña o acto de Anova Irmandade na capital galega, non tan numeroso, no Parque de Galeras. Alí, Xosé Manuel Beiras defendeu que "o espírito das Irmandades está nas mareas, por dous motores: o pobo galego como suxeito político e a República".

Anova sacou a relucir o seu espírito máis nacionalista neste acto, e máis discreto no seu papel en En Marea, apelando ao lema "Viva Galiza Ceibe e popular!". Pero acto serviu tamén para manifestar a aposta de Anova por unha marea galega a partir da asemblea do próximo día 30, impulsada polos tres alcaldes da confluencia que gobernan nas principais cidades e que teña como base a cidadanía, á marxe de siglas, e na que os partidos "apoien" e "acheguen" ideas programáticas.

Beiras alentou os seus a "convencer ao resto de organizacións, e sobre todo aos seus cadros dirixentes, que o panorama é tan dantesco que hai que reaxir", chamando así á confluencia. O líder de Anova está convencido de que "cómpre comezar outra vez a tarefa histórica de liberación, fronte ao totalitarismo larvado".

Ademais, defendeu que "as alianzas a nivel de Estado son indispensables para poder catapultar nosa cuestión nacional", marcando de novo a liña vermella que separa a Anova e BNG.

Pola súa banda, a eurodeputada Lidia Senra avogou por un cambio que sexa feminista, reclamando un papel clave para as mulleres na política actual, xa que "non é posible avanzar e construír democracia sen a metade da poboación: as mulleres", dixo. Senra tamén criticou a Unión Europea cando dixo que "se queremos construír a patria galega, temos que ter en conta a axenda europea, que nos nega a capacidade de decidir".

Talvez o momento máis agardado deste acto foi a intervención de Carlos Aymerich, o último gran escindido do BNG. O político. menbro do Foro Galego, mostrou así o seu apoio a Anova, malia non militar nesta formación, e dixo que para el son "obxectivos fundamentais" a "liberdade nacional e a xustiza social".

Durante o acto, os distintos representantes de Anova que interviron lanzaron proclamas contra "o extremismo neoliberal" e chamamentos a unha "alianza da esquerda política e social" para "artellar unha resposta" á perda dos "dereitos sociais conquistados, xa só reservados para algúns".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

14 anonimo

Esixamos a unidade do nacionalismo galego e unha confluencia para as proximas eleccions cos seguintes puntos: banca publica galega (para que aforro se invirta aqui), tarifa electrica galega, medidas para fomentar o galego no ensino e nas empresas, posibilidade de ver as canles portuguesas na Galiza, medidas para apoiar o sector lacteo e a pesca, defensa de infraestructuras galegas como o AVE, medidas para rematar coa emigracion e retornar talento galego emigrado, defensa do ensino e sanidade publica galega, inversions para crear emprego, mais autogoberno e participacion da cidadania na toma de decisions e camiñar cara unha Confederacion Iberica, etc.

1 dalle que libras

O AVE non é necesario

2 Hermerico

Tarifa eléctrica para as indústrias de enclave. Estamos contentes de ser umha colónia !

3 Hermerico

Tarifa eléctrica para as indústrias de enclave. Estamos contentes de ser umha colónia !

13 anonimo

Cando os xovenes galegos seguen a emigrar ou teñen empregos precarios, cando a situacion da lingua galega esta peor ca nunca pq é relegada no ensino polo castelan e ingles e non se fai nada por formentalo nas empresas e medios de comunicacion. Cando Galiza segue sin banca publica galega, sin tarifa electrica galega e perdendo poboacion, cando non se avanza no autogoberno... cando pasa todo isto, non se entende que o nacionalismo galego non este unido e non se presente unido nas proximas eleccions galegas. Sempre que o nacionalismo galego foi forte avanzamos como pobo.

12 Ted Flanders

No ano 30 (tan lonxe e tan perto!) V.Risco (un que pasaba por aí, según os de Madrí) sentenciou co problema real da Galiza era a falla dunha organización propia que defendera o seu....hoxe haina....pero os señoriteiros escollen o profeta da Meseta......Outros noventa anos de deserto para o povo galego!!! (rí tí Isareel dos teus corenta anos no Sinai)

11 nostrus

BNG e Anova mellor lonxe que preto. Canto mais lonxe mellor, porque son capaces de xenerar mais odio do que a sociedade galega é capaz de dixerir. BNG e Anova fanlle o mesmo favor a Galicia que a Falange a España. Nacionalismos non, por favor.

1 Deixebre

nostrus tampouco, por favor.

2 anonimo

Pois eu digo SI ao nacionalismo e non a globalizacion. No me gustaria ver o meu pais controlado dende fora (Madrid, Bruxellas ou a ONU), sin lingua propia (ou con esta tratada como se fose unha lingua estranxeira), cos galegos na emigracion, sin beneficiarse dos seus recursos naturais, sin ninguen que se preocupe polo medioambiente, sin ninguen que defenda o publico frente aos que privatizacion, sin dereitos laborais, etc. A globalizacion si da medo e so o nacionalismo é quen pode facelle fronte. A globalizacion beneficia os grande poderes economicos, o nacionalismo aos pobos.

10 John McNamara

Anova é Beiras, no intre en que este non estea...desaparece do plano político.

1 comunista independentista

Ai, pobres! Qué soñadores e inxenuos sodes...

2 Balbino Fernández

Anova é un negócio, como o BNG, e mentres mantenha camaradas é útil, resistirá na política.