Temas: SEXISMO

A USC sanciona ao profesor que dirixiu comentarios sexistas a unha alumna

O docente dirixiuse a un alumna con comentarios sobre o seu escote, que "o distraía" para impartir a clas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2016 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) puxo unha sanción de dous meses de suspensión de emprego e soldo ao profesor Luciano Méndez como conclusión ao proceso aberto tras a denuncia dunha alumna á que dirixiu comentarios sexistas durante unha clase na facultade de económicas.

Luciano Méndez, profesor da USC
Luciano Méndez, profesor da USC | Fonte: youtube.com

O proceso iniciouse o pasado mes de febreiro tras unha denuncia presentada por un grupo de alumnos testemuñas e por parte a afectada, a estudante María Fungueiro, que remitiron un escrito ao decanato da facultade criticando que o docente dirixiuse á alumna con comentarios sobre o seu escote, que "o distraía" para impartir a clase.

O caso pasou á Secretaría Xeral da universidade e ao pouco tempo decidiuse abrir un expediente informativo para iniciar unha investigación sobre os feitos denunciados, nomeando a unha docente instrutora do caso.

Durante o proceso recompilouse documentación e citouse ás diferentes partes para coñecer a súa versión do acontecido, a varios alumnos testemuñas e mesmo á decana da Facultade.

Posteriormente, abriuse un expediente disciplinario que determinou unha sanción de dous meses de suspensión de emprego e soldo para o docente.

Alumna da USC que presentou unha queixa contra o profesor da USC Luciano Méndez
Alumna da USC que presentou unha queixa contra o profesor da USC Luciano Méndez | Fonte: crtvg.es

Temas: SEXISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hermerico

Analfaburro, sanciona o professor. Corríge-o, inútil, como corrigiches o da Bella Otero. E vai fazer o celga 1