A CNMV multa cun millón ao Popular por produtos comercializados entre 2009 e 2011

Di que cometeu unha infracción "moi grave" por comercializar determinados servizos financeiros aos seus clientes.

Por E.P. | MADRID | 10/08/2016 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) publicou unha sanción dun millón de euros imposta a Banco Popular por cometer unha infracción "moi grave" en relación á comercialización a clientes de determinados produtos financeiros entre xaneiro de 2009 e novembro de 2011.

A plataforma de afectados por abusos bancarios nunha protesta diante do Banco Popular
A plataforma de afectados por abusos bancarios nunha protesta diante do Banco Popular

A publicación desta multa, que foi imposta ao banco mediante orde ministerial o 21 de abril de 2015, prodúcese despois de declararse en vía administrativa.

A infracción está tipificada no artigo 99 da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do Mercado de Valores. En concreto, o Popular incumpriu o establecido no artigo 79 bis da mesma Lei.

Segundo publicou o Boletín Oficial do Estado (BOE) este mércores, a resolución pola que se publica a sanción ao Popular está datada o 22 de xullo deste ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta