Nos últimos tempos non é estraño atoparse con autenticos "soldados" como o que ves na foto (tomada de forosmilitares) polos montes galegos. E se ves este video poderías pensar que nos montes galegos se libran auténticas batallas. Pero non, son membros do SAS Galicia que practican o airsoft, un deporte de estratexia baseado na simulación militar similar ao paintball. Simula combates utilizando réplicas de armas reais (que disparan pequenas bolas de plásticos de 6 a 8 mm) en escenarios de xogo similares aos dunha guerra real, con equipamento paramilitar. Nos ultimos tempos esta práctica ten aumentado considerablemente, especialmente, nos montes ourensáns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.