Feridos dous veciños de Ortigueira por un ataque de vespas velutinas

Recibiron numerosas picaduras cando rozaban a maleza da vivenda dun deles. O GES de Ortigueira foi mobilizado para retirar o niño.

Por Galicia Confidencial | Ortigueira | 03/09/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Dous veciños de Ortigueira tiveron que ser atendidos este venres nun centro hospitalario tras ser atacados por un enxame de vespas velutinas que lle produciron numerosas picaduras.

Diferencias entre a vespa galega e a vespa asiática ou velutina
Diferencias entre a vespa galega e a vespa asiática ou velutina

Estes dous homes, veciños do lugar de Outeiro, na parroquia ortegana de Barbos, de 50 anos e 30 anos, foron atacados polas vespas cando se atopaban limpando a maleza próxima á vivenda. Ao cortar unhas gallas dunha figueira esnaquizaron un niño de vespas velutinas que, inmediatamente, os atacaron.

Tras recibir numerosas picaduras foron trasladados ao Centro de Saúde de Ortigueira onde foron atendidos. Posteiormente,o Grupo de Emerxencias Supramunicipal-GES- de Ortigueira desprazouse ao lugar para facerse cargo do niño. As vespas acumuláranse nunha das xanelas da vivenda, onde comezaran a armar un novo niño.

Con este son xa 350 os niños os retirados polo GES de Ortigueira, logrando o récord neste labor en toda a provincia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta