Temas: BILINGüISMO

“Fala galego, non sexas lelo”, a nova polémica de Galicia Bilingüe

A entidade que dirixe Gloria Lago critica á dirección dun centro educativo de Panxón e á Xunta por non retirar un cartel que convida aos nenos a falar en galego.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/09/2016 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Fala galego, non sexas lelo”. É un cartel que se atopa á entrada dun centro educativo en Panxón e tamén na web do centro. Foi o gañador do concurso de carteis do pasado Día das Letras Galegas e, desde entón, a súa función é tentar reivindicar a necesidade de que os nenos e nenas utilicen este idioma nunha zona onde está en fondo retroceso.

Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pide a súa retirada
Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pide a súa retirada

Sen embargo, a Galicia Bilingüe ese cartel non lle gusta, nin que fora o gañador do concurso das letras galegas, nin que se poida ver na entrada do centro. “Non é unha forma sensata e aceptable de promocionar unha lingua, nin de fomentar os valores de tolerancia e respecto que se lles pide aos profesores que inculquen aos seus alumnos”, asegura a súa presidenta, Gloria Lago, nun vídeo sobre este caso.

Galicia Bilingüe xa vai por dúas veces que pediu a súa retirada. Foi a raíz de que o pai dunha nena de Primaria acudira a esta entidade para pedir asesoramento e axuda xa que entende que é “discriminatorio” para os que teñen o español como lingua vehícular.

Por iso, e porque consideran que ese cartel xa non debe de ser retirado, Galicia Bilingüe presentou unha solicitude dirixida ao Inspector Xefe de Pontevedra, Manuel Torres Biscaia, que, polo momento, non obtivo resposta.

De feito, esta asociación critica que este sexa o mesmo inspector ao que lle denunciou “dous claros casos de adoctrinamiento nacionalista no ensino” sen que as súas queixas fosen atendidas e tendo que ir ao Valedor. Por iso, agarda non ter que acudir, novamente ao Valedor, no caso do cartel do centro de Panxón.


Temas: BILINGüISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

13 Hugo Pereira Chamorro

Como alumno do CPI de Panxón me tomo a liberdade de RESPONDER ás ACUSACIÓNS FALSAS de "GALICIA BILINGÜE" con seguinte comunicado do meu BLOG. ESTO FOI O QUE REALMENTE PASOU: http://www.hugopereirachamorro.com/...

1 Gamela

Vai ser que NON, se buscas "lelo" en calaquera diccionario de galego (RAG) nin hipocorístico nin farrapos de gaita, LELO é lelo e todo quisque coñece ben o seu significado pexorativo (aparvado, tonto, apocado...) Comprendo que un cartel coma este non fixera virar a cabeza a ningún membro da comunidade educativa do CPI de Panxón (igual que a meirande de carteis que podemos ver en calquera centro educativo!) Polo tanto sacar as cousas fóra dos Centros sempre trae estas LIORTAS interesadas para GB. Pero querido Hugo non somos parvos e todos sabemos que quere dicir LELO ! En principio estaríamos á mesma altura do "habla español no seas mamón!" penso que o eslogan non é precisamente a mellor maneira de PRESTIXIAR a lingua (agás que a lingua sexa ela mesma un motivo político para aproveitase dela e facer algo máis que falar ou deixar de falar GALEGO).

2 Gamela

pero se a túa defensa do galego é da mesma categoría que a defensa da sanidade pública dos USA, case que podías ter futuro político en GB ou en C`s (ao fin todo é cousa de pillar un sillón a calquera prezo, non si...?)

12 galegoexiliado

HABLA LELO, no seas GALLEGO.

1 anonimo

Estoy de acuerdo en que los de C´s solo quieren pillar sillón, pero no incluya a GB en ese lote, son personas que tienen sus trabajos y que no sacan ningún beneficio económico de su trabajo en GB

2 xDDDD

jajajaajaj que risa maria luisa. anónimo, sueltas cada chiste...

11 Españolistas dades noxo

""Duas linguas, mesmos dereitos" reza o seu eslogan. Sigo esperando pola obligatoriedade legal de saber galego como a ten o español.", di un aí. Eu até esperaba porque os paladíns da "libertá" loitasen pola fin da imposición do castelán, pero a libertá é só pra quen fala A LINGUA BOA, non a da aldea.

1 AvanteGaliza

Pois si, e por desgraza parece que cada vez máis. Pero podemos reverter esa tendencia. Debemos darlle nos fociños a eses paduáns de galicia pailaningüe e demostralle á xente que é posible recuperar o galego de maneira libre e sen impoñerllo a ninguén

10 Paspalhás

E que pensa disto Magdalena Barahona, tão molonlíngue ela, 4ª na lista da Corunha da candidtura de Em Mare e próxima e comparsa de Gloria Lago?

1 anonimo

Gloria Lago habla gallego mejor que la mayoría de los políticos, incluidos algunos nacionalistas. No hay más que verla en los debates que hubo en la telegaita y otros.

9 MERUCU XUSTICIERU

"....Mais só os ignorantes e feridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden non...." Pois iso...