A AECC entrega a un grupo coordinado por Carracedo unha axuda para unha investigación sobre tumores

A Asociación Española contra o Cancro entregou a un grupo coordinador polo investigador galego Ángel Carracedo unha axuda para financiar unha investigación sobre tumores de cabeza e colon.

Por E.P. | Barcelona | 22/09/2016 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) entregou a un grupo coordinador polo prestixioso investigador galego Ángel Carracedo unha axuda para financiar unha investigación sobre tumores de cabeza e colon no marco do acto de entrega en Barcelona do galardón 'V de Vida' e as Axudas á Investigación Oncolóxica que outorga a Asociación Española Contra el Cáncer (Aecc), presidido pola raíña Letizia.

Ángel Carracedo
Ángel Carracedo | Fonte: USC

En concreto, no acto a raíña Letizia reclamou "potenciar os medios" para avanzar na investigación oncolóxica. "Dicía Severo Ochoa que, en principio, a investigación necesita máis cabezas que medios. Temos cabezas, temos excelentes investigadores. Hai que potenciar os medios", afirmou, e engadiu que cada un debe traballar para iso dende o lugar no que está, dende a súa responsabilidade institucional ou persoal.

No marco do primeiro Día Mundial da Investigación en Cancro, instaurado o 24 de setembro co impulso de 11 sociedades internacionais de referencia, a raíña defendeu unha "vida e hábitos saudables" para axudar a previr o cancro, posto que catro de cada dez casos pódense evitar.

A raíña tamén gabou o "compromiso" da AECC coa investigación oncolóxica durante moitos anos, xa que é a entidade privada que máis fondos destina a este fin, o que cualificou de logro que se debe agradecer aos miles de socios, aos voluntarios, e a todos os que apoian á asociación. No marco desas accións, o científico galego Ángel Carracedo e o seu equipo recibirán fondos para as súas investigacións. En total, a asociación fai entrega de 7,9 millóns de euros para 22 proxectos, entre os cales catro reciben en total case 5 millóns, un deles o de Carracedo.

Tamén agradeceu á AECC invitala á xornada deste xoves e por lanzar esta iniciativa internacional, que consistiu na designación do 24 de setembro como Día mundial da Investigación en Cancro (World Cancer Research Day), data na que naceu Severo Ochoa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta