Beatriz Sestayo fala dun "claro caso de transfuguismo" en Ferrol

A dirixente socialista acusa ás concelleiras expulsadas do PSOE de Ferrol de "vender os votos do PSOE a cambio duns cargos".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/10/2016 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A voceiro do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo, acusou ás dúas edís expulsadas do grupo municipal socialista tras a ruptura do pacto de goberno con Ferrol en común de "vender os votos do Partido Socialista a cambio duns cargos".

Beatriz Sestayo
Beatriz Sestayo | Fonte: PSdeG

Así se pronunciou a dirixente socialista nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que considerou que este se trata dun "caso claro de transfuguismo" pero cre que a situación aínda é reversible e que as concelleiras rectifiquen.

"É unha situación moi dolorosa e unha traizón non solo ao PSOE, que sería importante, senón unha traizón á cidadanía", asegurou Sestayo que, en todo caso, pecha a porta á posibilidade de que se produza unha moción de censura.

Sestayo responsabiliza ao alcalde e ao seu grupo da situación e móstrase moi crítica co labor desenvolvido polas mareas ao considerar que "son activistas de titular pero non de resolver os problemas dos cidadáns". E é que a secretaria xeral dos socialistas ferrolanos aprecia na esquerda rupturista "falta madureza e de presocupación".

"Creo que buscan titulares do que chaman nova política e xa vemos que a nova política, por exemplo, é apoiarse no transfuguismo, que era algo superado xa polo que se chamaban as vellas forzas políticas," argumentou a socialista.

CONFLITOS NO PSDEG

En relación aos conflitos internos no PSdeG, Sestayo, crítica coa xestora que dirixe Piar Cancela, avala, en cambio, que Xoaquín Fernández Leiceaga asuma polo momento a portavocía do grupo parlamentario na Cámara galega.

"É a persoa á que a militancia, e o seu día, elixiu para ser voceiro e, polo tanto, polo de agora, é normal que o sexa. Outra cuestión é se despois existe unha dirección diferente que responda a unha nova situación e se elixa outra representación parlamentaria", considerou.

Por outra banda, avalou a elección de Javier Fernández para liderar a xestora que tomou as rendas do PSOE a nivel federal. Así, aínda que recoñece que a situación é "endemoniada", mantense na oposición a que o PSOE favoreza a investidura de Rajoy. "Non a Rajoy sempre", defende.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta