Temas: EN MAREA MAHOU

Cal é o significado do logo de En Marea?

A imaxe gráfica ten que ver coa M da marea a e as ondas do mar. Antón Sánchez nega que a súa imaxe gráfica sexa unha copia da cervexeira Mahou. O PP estremeño tamén foi denunciado por plaxio nas autonómicas do 2015.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/10/2016 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

“O logotipo non ten nada a ver co de Mahou”. O vicevoceiro de En Marea na Cámara galega, Antón Sánchez, nega que a súa formación “copiara” o logo da cervexeira e suliña que se fixo tendo en conta o que significa este movemento político. O logotipo desta formación foi realizado por Numax Sociedade Cooperativa Galega que deixou ben claro o significado do mesmo cando a finais de agosto pasado saltou a polémica nas redes sociais.

Logotipos de En Marea e Mahou.
Logotipos de En Marea e Mahou.

Así, a M que caracteriza o logo fai alusión á “marea” que é o emblema desta formación, e o estilo dos paus desa M ten que ver coas ondas do mar, “en clara alusión á esa marea que representamos”, apunta Sánchez en declaracións a GC.  Ademais, o M azul sobre un fondo branco alude á bandeira galega.

Por iso, En marea insiste que a súa imaxe gráfica “non se basea, nin ten nada a ver”, coa de Mahou logo de que o gabinete de avogados da cervexeira se puxera en contacto, a través do Parlamento de Galicia, con esta formación para pedir que "modifique" o seu logotipo co fin de "evitar a confusión" entra a marca cervexeira e a imaxe política, que "tanto se asemella".

Estamos tranquilos porque non é unha cuestión que induza a confusión porque non ten nada que ver un grupo político cunha marca de cervexas”, apunta Sánchez que insiste en que o deseño está “perfectamente explicado” na campaña gráfica de en Marea. En todo caso, a coordinadora desta formación analizará esta cuestión para ver se procede o cambio ou non.

Con todo, Sánchez aclara que, polo momento, non hai denuncia “de ningún tipo”, senón unha comunicación e lembra que, sobre esta cuestión, xa hai “xurisprudencia” xa que o logo de En Marea non se utiliza para fins comerciais, senón políticos.

Denuncia ao PP extremeño

De feito, nas autonómicas do 2015, xa tivo lugar un caso semellante en Estremadura, aínda que neste caso houbo denuncia de por medio. Dous artistas presentaron unha querela contra o PP estremeño para reclamar a propiedade do símbolo que usaban os populares na súa campaña. Os irmáns Hernán e Rodrigo Pacheco Puig deseñaron e rexistraron o logo que usaba o PP co súa lema ''Hacemos Extremadura'', un deseño consistente en dous círculos concéntricos coas cores da bandeira estremeña co que os populares pretenderon romper cos estereotipos que rodean a Estremadura e fuxir así da landra e a cegoña.

Temas: EN MAREA MAHOU
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 Ted Flanders.

Por poñer non copian nin unha marca de cervexa do País! non vaia a ser o demo cos confundan con galegos.....

5 Comunista de base

La culpa es del cha-cha-chá... Y de los chachis!!! Y venga chofer, y venga secretario, y venga no perder dinero ganando 4.000€ al mes... O único que non vai gastar Villares é gomina coma o de Podemos Zaragoza. Polo demáis, todas os partidos da P a mesma m.rda: Podemos, PP, PSOE

1 Ana

E PcE, e uPg (matriz do bnPg, agora BNG). Tanta falta na memória dá que pensar...

2 Comunista

O que pide Luís Villares é o minimamente necesario para quen é xefe da oposición en Galiza e, sobretodo, é algo que pide ao seu PROPIO partido, polo que non nos custaría NADA ás galegas e galegos, todo o contrario do que os salarios de 4.000 ou 5.000 €/mes e os exércitos de liberados que lles levamos pagando toda a cidadanía dende hai anos a parásitos coma a Ana Poltrona e cía.

4 Gamela

Mahou debe ter necesidade de vender esa M erda de cervexa ! Pois está claro que en Galicia non deben vender nada de nada... Estrella Galicia e a 1906 levan todo o mercado! Así que algo de publicidade gratuíta débelles vir ben a esta ilustre familia... (?)

3 Miradalimpa

Hai que ter mala ostia! Os dous logos non se parecen en nada. A campaña promovida pola Pontona contra En Marea e Villares é noxenta. Outro libelo como que Villares pide coche con chófer e secretaria. En calqueira caso, a cervexa madrileña debería estar orgullosa de que a confundan co . É a mellor propaganda que pode ter porque sería demandada polos millóns de votantes do Estado Hespañol, que agora estaban virando cara a Estrela de Galiza, propiedade duns señoritos de La Coruña.

1 mnfue

Os da Mahou non son parvos e danse conta da gran cantidade que deixaran de vender de cerveixa polo rechazo que supon un partido podre como marea

2 Martinez Durán

Quen filtrou a noticia do coche de Villares? Pudo ser alguien da Marea Atlantica?, cuidadín, cuidadín, que hai algún xefe de gabinete dalgún alcalde, que é moi experto nestas cousas, Verdá señor Beiras?

2 Sesese

Calcao