Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/10/2016 | Actualizada ás 19:00
Un videoxogo para a aprendizaxe do reciclado e a prol dos valores para a protección do medio ambiente resultou gañador da Game Jam organizada dentro do IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación (CIVE), que tivo lugar durante esta semana ata onte venres na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, en Pontevedra.
O grupo gañador estivo formado por Amparo Fernández, Robert Fekete, Esteban Canle e Jorge Contreras. O segundo traballo clasificado foi un videoxogo baseado nun personaxe fantástico que pode estar en modo construtivo ou tóxico; sendo construtivo consegue mellores resultados. O grupo estivo constituído por Brais Bello, Joseba Cuña, Diego Oya e Iago Xosé Sequeiros.
Ao longo destes últimos días, os participantes na Game Jam traballaron na creación dun videoxogo para móbiles e tabletas, do que non souberon as características ata o comezo do encontro. O tema elixido foi o da educación orientado ao alumnado de Primaria e monoxogador. A Game Jam organizada estivo dirixida a programadores, deseñadores, ilustradores e outras persoas interesadas no mundo dos videoxogos.
A encargada de entregar os premios onte á tarde foi Beatriz Legerén, responsable do CIVE e membro do Grupo Alfás. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) patrocinou os premios: catro tarxetas regalo por valor de 60 euros cada unha delas para os gañadores e outras catro por valor de 40 euros para os segundos clasificados. O equipo gañador terá, asemade, a posibilidade de realizar unha campaña de crowdfunding para obter os fondos precisos para desenvolver o seu xogo, coa colaboración da empresa galega Gato Salvaje Estudio.
Apoio das institucións aos videoxogos
Precisamente esta mesma semana a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputadosque buscan facilitar os investimentos internacionais e potenciar o desenvolvemento do sector en toda España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.