Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2016 | Actualizada ás 17:07
A proxección de "O Cidadán Ilustre', de Gastón Duprat e Mariano Cohn, será a encargada de inaugurar oficialmente a trixésima edición do Festival Cineuropa, nunha gala que será presentada polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e polo director de Cineuropa, José Luís Losa e que terá lugar este martes no Teatro Principal.
A edición número 30 do Festival Cineuropa dará comezo este martes ás 16,00 horas con catro sesións de cinema gratuíto no CGAC, que darán paso, ás 19,00 horas, á proxección dos 'Ausentes, de Luciana Piantanida, na sala Númax.
'O cidadán ilustra', gañadora da Espiga de Plata na Seminci de Valladolid, narra en clave satírica o retorno dun escritor arxentino gañador do Nóbel á súa cidade natal 40 anos despois de emigrar a Europa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.