“Despois do seu goberno, o PP non está lexitimado para dar leccións a ninguén”

A ofensiva do PPdeG para botar as mareas do goberno das cidades coruñesas non ten eco, cando menos polo de agora, no PSOE de Santiago. Os socialistas de Compostela acaban de acusar aos conservadores de intentar “intoxicar a opinión pública” e de conseguir a alcaldía pola porta de atrás. Agustín Hernández, que non irá a unha consellería, non quere nin oír falar de Conde Roa.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 11/11/2016 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

En opinión do Grupo Municipal do PSdeG, as declaracións de líderes ‘populares’ responsabilizando aos socialistas da suposta parálise da capital “unicamente poden entenderse se o obxectivo é que Agustín Hernández acceda á Alcaldía pola porta de atrás, como xa fixo no mandato anterior”.

Conde Roa no Nadal Xogo
Conde Roa no Nadal Xogo

Compostela Aberta goberna Santiago grazas a abstención do PSdeG. Nunha nota, os socialistas lembran que tomaron esta decisión para “facilitar un goberno progresista” de acordo ao decidido a nivel estatal e autonómico. Ademais, lembran que os de Martiño Noriega foron a lista máis votada.

A pesar disto, o PP ofreceulle no seu día ao PSOE gobernaren xuntos. Algo que viola de fronte o argumentario mil veces defendido por Alberto Nuñez Feijóo, de que debe gobernar a lista máis votada. Así llo recorda o Grupo Municipal que lidera Paco Sánchez en resposta as declaracións de Hernández: “Curiosamente, o PP defende este último criterio a ultranza en todos e cada un dos procesos electorais e en todas e cada unha das administracións. Pero, é mais, o entón candidato, Agustín Hernández, pedira en plena campaña electoral que se respectara dito principio, extremo que o grupo municipal socialista levou á práctica coa abstención, pero que semella que o PP non quere cumprir cando non lle convén”. 

A estratexia do PP de facerlle as beiras ao PSOE ten posibilidades de saír adiante en Santiago? En vista do argumentado hoxe polo PSdeG,  ningunha. Cómpre lembrar que os conservadores sufriron unha avalancha de imputacións por corrupción na pasada lexislatura que se levou por diante a dous alcaldes. Algo que está aínda nos cálculos dos socialistas cando afirman que “despois de catro anos de mandato nefasto do PP neste Concello, o Grupo Municipal Socialista considera que os populares non están lexitimados para dar leccións a ninguén”.

Así as cousas, cada un segue ao seu. Os de Paco Reyes a facer unha “ oposición propositiva e controlar e fiscalizar a acción de goberno dende a oposición”. E os de Agustín Hernández a difundir a imaxe dun goberno de Compostela Aberta que ten a cidade supostamente parada -coa presunta complicidade do PSOE- , en contraposición coa actividade da Xunta. Unha estratexia para o cual contan co apoio editorial de La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Paco Reyes, candidato do PSdeG á Alcaldía de Santiago
Paco Reyes, candidato do PSdeG á Alcaldía de Santiago

“De aquí ao 2019, Feijóo vai ser o alcalde que Santiago necesita”, declarou esta semana o ex-conselleiro. Un Agustín Hernández que por certo autodescartouse para volver a unha consellería. "Volver á Xunta? Segundas partes nunca foron boas", declarou na Radio Galega. Do que non quere escoitar nin falar Hernández é do ex-alcalde Gerardo Conde Roa. "Conde Roa non está nin en España. Eu miro ao futuro, estamos facendo un esforzo para explicar este novo proxecto", declarou cando se lle lembrou a figura do ex-líder do PP compostelán.

Martiño Noriega
Martiño Noriega
Agustín Hernández , alcalde de Santiago, nun evento organizado por El Correo Gallego
Agustín Hernández , alcalde de Santiago, nun evento organizado por El Correo Gallego
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Bufffff

Despois do tema do Tarasca CA perdeu calquera ápice de leximitidade para enarbolar a bandeira da ética na nova política.

4 Anónimo

Participade pra saber se queredes que se diga Francia ou Franza (ou France). Podedes participar en https://estensiondogalego.wordpress....

3 Comunista das plusvalias

Que lle poñan chofer con coche oficial e casa con criados a Villares, XA!

2 Gamela

e onde anda metido Conde Roa Gerardito ? déronlle un cargo os seus amigos do Opus Dei ? non ten nada pendente coa xustiza ? xa está tan limpo coma Pepiño Blanco ? Onde anda ?

1 galegoexiliado

O mellor alcalde de Europa tivo que emigrar a Alemania, terra do seu sogro, como moitos xoves galegos. Non sabes como se bota de menos nas noites de Compostela aos "catro tenores".

2 Gamela

e xa fala alemán na intimidade ou está de turista?

1 Juan Manue

Eu nas anteriores eleccións voteille a Compostela Aberta, a Martiño noriega, pero teño que recoñecer que a decepción foi de tal magnitude que endexamais lle voltarei a votar a noriega. Tal vez vote psoe ou BNG, dependendo de quen seña o candidato, se é Ruben Cela, votarei BNG, do contrario votarei PSOE,

1 Galahaz

Máis outro na túa situación. Eu tamén votei a Martiño o ano pasado, pero ou moito mudan as cousas de aquí a 2019 ou co meu voto que non conte (co meu e co de moitos amigos e coñecidos que pensan exactamente o mesmo). A súa xestión á fronte do concello é unha completa desfeita. Iso si, no de Rubén Cela penso completamente diferente. Se para 2019 volve ser o candidato á alcadía de Santiago, que tamén se esqueza o BNG do meu voto. Perdedor consuetudinario, sen carisma, a cada elección ten menos apoios, non asume a súa responsabilidade política polos fracasos electorais e xera de todo menos ilusión. Non terán no BNG un/ha candidato/a mellor en Santiago?

2 Comunista

Todo un clásico no elenco da troleada bloqueira: @ "votante decepcionad@" de CA, MA, FeC, AGE, En Marea,... que, coma sempre, vai voltar votar nun BnG que agarda cos brazos abertos aos e ás "descarreirad@s arrepentid@s". Facédelo tan mal, que dades moita risa.

3 Galahaz

Ben, non sei o teu historial "electoral" nin me interesa. En canto ao meu, podes crerme ou non, son tradicional votante do BNG (certo é que teño votado por eles con máis ilusión no pasado do que agora), pero nas municipais do ano pasado optei por Martiño porque prometía un cambio de verdade nesta cidade (que co PP de Conde Roa, Curras e -en menor medida- Hernández, foi un desastre) e porque Rubén Cela é o político máis triste que coñezo (a pesar de que si votei por el en 2011, cando apenas o coñecía). Así de simple. Vendo a desfeita de xestión de Martiño e o candidato lamentábel do PSOE aquí (Paco Reyes), nunca o BNG o terá máis fácil para conseguir a alcaldía que en 2019 se opta por un candidato decente. Se pola contra sigue Rubén Cela a absoluta do PP está garantida.

4 MatapitosS

Si o BNG ten que apostar forte en Compostela. En xeral ten que mirar moito o dos seus candidatos... Non nos poden defraudar máis!

5 Comunista

Cando se desenmascara a mentira, insistir nela é moi lamentábel. No BnG pensades que sodes moi listos e que todos os demais son parvos, pero sabedes que é o que vos delata aos trolls do BnG cando vos facedes pasar por "votantes decepcionad@s" de CA, MA, FeC, AGE ou En Marea? Pódevos tanto a ansia sectaria que non sabedes desglosar qué partes das xestións de Martiño, Xulio ou Jorge "vos decepcionan" tanto, e directamente tirades pola hipérbole do "TODO mal": "decepción de tal magnitude", "completa desfeita", "desastre total". Calquera votante real de CA, MA, FeC, AGE ou En Marea pode dicir que partes dos seus programas foron desenroladas ou non (en tan só ano e medio, por certo), pero para vós TODO está MAL, e iso é o que vos delata. Insisto, unha vez que se vos colle na falacia, insistir nela é moi patético.

6 MatapitosS

Mira neno, eu non che son do bloque (coma Groucho Marx nunca entraría nun club no que me admitisen) nin son troll. Son unha persoa de esquerdas que valora a coherencia das forzas de esquerda e non a unión de conveniencia de grupusculos marxinais na política galega con ninistas (ni de derechas-ni de izquierdas) liderados por un mesiánico líder noutrora do que agora non queren saber nada. Ti si que te asemellas máis como veño de comprobar, pero non vou entrar niso. Se segues outro día fágoche unha análise pormenorizada do teu comportamento coma comentarista.

7 MatapitosS

Pero fixeches unha pregunta e aí tes a resposta: bastaría só coa incapacidade manifesta de artellar unha política comunicativa eficaz que explique por exemplo a ausencia de orzamento polo gasto dos gobernos anteriores. Xa só por iso non merecedes nin gobernar a comunidade de veciños popularizada por unha serie televisiva. Pero, vouche dar un exemplo da vosa coherencia: http://www.lavozdegalicia.es/notici...