Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2016 | Actualizada ás 13:00
A aparición dun grafiti no dolmen de Casa dos Mouros, en Vigo, non é a única animalada que ten sufrido o noso patrimonio. As pintadas con simbolos de Harry Potter nun dos monumentos megalíticos máis grande de toda a provincia de Pontevedra, con máis de 4.000 anos de antigüidade, é a última mostra da pouca sensibilidade que algúns demostran contra os monumentos históricos do país.
E é que este tipo de actos vandálicos suceden de cando en vez en todo tipo de bens; dolmenes, petróglifos, castros, esculturas ou fachadas de edificios históricos. E iso que o autor ou autores poden enfrontarse a multas de ate 150.000 euros… Máis en Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.