Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2016 | Actualizada ás 17:59
O Ministerio de Agricultura e Pesca, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), encomendou ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) a realización de traballos de investigación destinados á obtención de exemplares de amieiro tolerantes a unha enfermidade producida, entre outras causas, por 'Phytophthora alni', unha praga que causou a morte dun grande número de exemplares nos ríos das cuncas do Miño-Sil e Limia.
Os traballos encargados consisten na multiplicación de xenotipos seleccionados de amieiro mediante técnicas de micropropagación, co fin de obter exemplares de amieiro tolerantes a esta praga.
O organismo encomendou estes traballos ao CSIC, a través do Grupo de Biotecnoloxía e Mellora Forestal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, pola súa experiencia de máis de 25 anos en investigacións básicas e aplicadas encamiñadas á mellora e propagación mediante cultivo in vitro de especies forestais e leñosas.
Estes traballos de investigación, financiados pola CHMS con máis de 67.000 euros, desenvolveranse en tres fases: establecemento, multiplicación e enraizamento dos xenotipos seleccionados.
Por outra banda, a CHMS encomendou á empresa Tragsa, a través do seu Viveiro Forestal, a realización dos testados de resistencia á 'Phytophthora alni' sobre os exemplares de amieiro xerados polo IIAG do CSIC e a produción a grande escala dos xenotipos que superen os test por medios biotecnológicos das especies forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.