Por E.P. | Pontevedra | 04/12/2016 | Actualizada ás 20:21
Máis de 15.000 persoas pasaron esta fin de semana polo Pazo dá Cultura de Pontevedra, onde dende o venres se celebrou a novena edición do Culturgal, finalizado este domingo. Segundo informou a organización a través dun comunicado, as cifras de visitantes son "moi similares" ás rexistradas en 2015 nun certame que "está cosolidado e establecido no calendario".
Así, o presidente de Culturgal, Manuel Bragado, celebrou a "utilidade social" dun evento no que "está testada a alianza" entre industria, institucións e públicos e na que se mostran formatos e fórmulas colaborativas entre diferentes axentes".
Así mesmo, Bragado considera que o certame "xa supera a etapa de lanzamento e consolidación" logo de nove edicións nas que Culturgal se fixo "adulta", polo que chamou a afrontar "novos retos".
"Estamos convencidos da necesidade de abrir e proxectar Culturgal fóra, interactuar con outros ámbitos e debuxar novos horizontes. Dende Pontevedra, a cidade na que esta feira creceu e se consolidou,", salientou Bragado.
Tamén anunciou que Culturgal celebrará a súa décima edición os días 1, 2 e 3 de decembro do próximo ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.