Guerra de relixión en Lalín

O PPdeG presenta unha nova iniciativa no pleno para derogar a moción de laicidade aprobada polo goberno municipal hai oito meses. Os populares din que foi o Cristianismo o que apostou “polo respecto do poder político” e que “iso non ocorre no Islam”.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 28/12/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O Concello de Lalín aprobaba hai oito meses unha moción presentada polos grupos que forman parte do goberno local para impulsar a laicidade e separar a vida política da vida relixiosa. Oito meses despois, os populares contraatacan con outra moción para suprimir esa norma e facer que o pleno municipal “recoñeza as raíces cristiáns e católicas” do pobo de Lalín.

Rafael Cuíña e Román Rodríguez nunha procesión en Lalín
Rafael Cuíña e Román Rodríguez nunha procesión en Lalín | Fonte: laicismo.org

A Constitución Española garante a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades no seu artigo 16 e establece que ningunha confesión terá carácter estatal. Precisamente, iso foi o que quixo ratificar a moción aprobada polo pleno de Lalín o pasado abril e que, agora, o PPdeG, entende que está causando división entre os veciños do pobo.

José Crespo, ex rexedor popular, asegura nunha nova moción presentada o pasado 17 de decembro no concello, que a iniciativa aprobada en abril “é de discutible legalidade” e trata materias que “non son competencia municipal” e deberían ter un pronunciamento dos técnicos do concello. “Supón un intento de adoutrinamento por parte dun moi minoritario sector da cidadanía de Lalín que tenta impoñer á maioría unha ideoloxía de signo marcadamente ateo que non se corresponde coa nosa cultura e tradicións, e contradí un xeneralizado consenso social que existe ao respecto”, suliña.

CRÍTICAS AO ISLAM

Ademais, Crespo critica que, a pesar da aprobación desa norma, tanto o rexedor, Rafael Cuíña, como os concelleiros de CxG, asistiron a actos relixiosos como “representantes oficiais” do concello e que “ocuparon lugares de privilexio” nas misas, e cre que deberían asistir “como un veciño máis e a título individual”. Por iso, considera de “falta de seriedade” a postura dos membros do goberno lalinense.

Rafael Cuíña e Xosé Crespo
Rafael Cuíña e Xosé Crespo | Fonte: mundiario.com

O ex rexedor popular tamén lembra que o foi o Cristianismo o que  introduciu na historia, “como novidade absoluta”, a independencia da relixión respecto do poder político, “o que non ocorre no Islam”. De feito, critica aos membros do goberno de Lalín de non facer alusión a esta relixión na súa moción, e si ao Catolicismo.

Por iso, pídelle novamente ao concello que declare nulo o acordo de abril e volva manter coa Igrexa Católica “as mesmas relacións e colaboracións que había ata antes de aprobar dita moción” porque representa “os valores democráticos de xustiza, igualdade, liberdade e respecto” que, di, “lamentablemente non están presentes noutras confesión relixiosas”, en alusión ao Islam. 

MOCIÓN LAICISTA

A moción aprobada polo cuatripartito en abril promovía a “liberdade de conciencia e a non confesionalidad institucional” do Concello de Lalín para outorgarlle ás institucións de carácter público “a calidade de aconfesionais”, co fin de que “non exista ningunha confusión entre os fins civís e públicos -que afectan a toda a cidadanía- e os relixiosos ou ideolóxicos de carácter particular”. 

O executivo lalinense xustificou esta proposta en que pretende garantir a liberdade de conciencia e a independencia da administración pública, tal e como recolle a Constitución Española. Así, a proposición aprobada recollía a supresión dos símbolos relixiosos nos actos oficiais e espazos de titularidade pública. Ademais, obriga á Alcaldía a que todos os seus edificios e dependencias estean “exentos de calquera tipo de simboloxía relixiosa ou doutra natureza ideolóxica” para cumprir coa neutralidade que se presupón á administración pública.

Tamén estipula que os actos oficiais serán exclusivamente civís, sen connotacións relixiosas ou ideolóxicas. Así, desde o Concello non se organizarán honras ou votos públicos a advocacións, santos, imaxes ou simboloxía relixiosa. Tampouco os membros da corporación local e o persoal ao servizo da administración municipal poderá mostrar, no exercicio do seu cargo ou as súas funcións, ningún xesto de veneración relixiosa. Aínda que, isto non impediría a presenza dos membros da corporación en actos relixiosos como a tradicional ofrenda con motivo das festas patronais. Neste sentido, especifican que os representantes eclesiásticos de calquera confesión “non serán convidado, en calidade de autoridade pública, a actos civís”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 NON A AL-ANDALUS

o PP e partido yihista... suprimiron a paga do nadal e suben os presos das bebidas espirituosas, tamen ocultaron atentado alqaidas de trenes de Madrid O GOBERNO DECIA DE ETAS BASCAS PERO ERA DE MUSULMANATO -E O SABIAN POLOS VERSICULOS CORANICOS-... marijuano Rajoy ten duas baterías de misiles patriot do exercito expañol en turquias e tamen cargos do PP son sioneiros e saudistas... están vendidos o PETRO-DOLAR da meca... señores! esta xa e situación pre-islámica... estamos indo a marchas forzadas a al-andalus... GALIZA POLA SUA LIBERDADE E GRANDEZA!!!

4 DeLalín

Desde que volveron os Cuiña ao poder en Lalín o concello é un circo e non fai falta sinalar cal é o mellor pallaso. Toda a vida da man do clero e agora van de laicistas con tal de conservar a poltrona.A-ha,a-ha,a-ha.

1 Antonio Ramil

Anda... este xa se ve que é dos que sofre co PP na oposición. E o que vos queda..... Hohohoh

3 Xesús Ateo Recalcitrante

Ja, ja, ja, ja, ja, ja, ja, ja, ja..... Estes do Partido Phascista non teñen remedio. E, por riba, eles falando de democracia. Manda carallo!

2 Gamela

Seica non teñen nada mellor que facer, imos camiño dos Reinos de Taifas... cada quen interpreta as leis coma lle convén... así imos chegar lonxe de carallo !!!

1 Una de Lalin

Qué vergüenza lo del PP de Lalín. Así les va.