A UDC presenta unha edición facsimilar do primeiro número de A Nosa Terra

Irá acompañado dun caderno de colaboracións para axudar a comprender o que significou esta publicación no seu tempo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/12/2016 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O ano das Irmandades remata coa edición facsimilar do primeiro número do seu voceiro, A Nosa Terra, que se imprimiu o 13 de novembro de 1916. O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presentará a edición este xoves na Coruña.

Primeiro número de 'A Nosa Terra'.
Primeiro número de 'A Nosa Terra'.

O libro, elaborado pola Universidade en colaboración coa Deputación da Coruña, conta ademais cun caderno de colaboracións que axudan a comprender o que significaron A Nosa Terra e As Irmandades da Fala desde 1916 e ata o Golpe de Estado de 1926.

O caderno conta coas colaboracións da profesora da UDC Teresa López, que contextualiza A Nosa Terra no marco do mundo cultural e do resto de publicacións da Galicia da época; do tamén profesor da UDC Uxío Breogán Diéguez, que contextualiza histórica e socialmente a Galicia e á Coruña que apareceron en A Nosa Terra; e cun texto publicado en 1935 polo articulista e político Víctor Casas no que realiza unha valoración vinte anos despois do primeiro número de A Nosa Terra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta