Cando morre un amigo, tamén morre algo de nós. As vivencias compartidas, se foron moitas, como é no caso de Xosé L.Franco Grande, tráenme a memoria algunhas delas. A primeira, cando o coñecín, no ano 1966. Foi na Fundación Penzol. Estaba el traballando no seu dicionario. Tiña as fichas ordenadas en caixas de zapatos.