Dous xuíces ameazan a De Lara e a un xefe de Vigilancia Aduanera

Unhas conversas publicadas hoxe mostran até que punto Pilar de Lara, a xuíza que instrúe as operacións anticorrupción máis importantes de Galicia e que pretende imputar a Alberto Nuñez Feijóo, sofre presión por parte dalgúns dos seus compañeiros da carreira xudicial. “Vaille caer un carallazo porque o ten merecido” e “tola perdida” son algúns dos cualificativos que recibe por parte de dous xuíces nunhas conversas intervidas por Vigilancia Aduanera.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O asunto nace na primavera de 2016, cando  a prensa publicou que unha nova parte do sumario da Operación Pokemon, referida a Ángel Espadas, o ex-xefe de gabinete do Concello de Santiago, que logo foi contratado pola construtora Unika. Dela deducíase que, segundo a Cadena Ser, un xuíz, Juan Carlos Carballal, titular do xulgado de instrución número 4 de Lugo, podería ter mediado a favor dunha UTE formada por OHL e Unika. 

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

A filtración caeu como unha bomba entre algúns xuíces do país, que se adicaron a arremeter contra De Lara vía teléfono en conversa co empresario Juan Castro García; sen saber que Vigilancia Aduanera tiña pinchado o aparato deste home de negocios. O contido dalgunha desas conversas é o que publica hoxe a Cadena Ser e suscita moitísimas dúbidas sobre a independencia do poder xudicial en Galicia.

Segundo un informe de Vigilancia Aduanera, dous xuíces, o citado Carballal e Fidel del Río, titular do xulgado de vixilancia penitenciaria número 2 de Galicia, “terían contactado con terceiras persoas dos quere recibiron información sobre determinadas denuncias existentes co fin de reactivalas ou formular novas denuncias contra vixilancia aduaneira e tamén contra a xuíza Pilar de Lara, que instrúe a causa”. Noutras palabras, Vigilancia Aduanera asegura que pillou aos xuíces recompilando ‘munición’ para pór “denuncias falsas contra a imaxe pública dos funcionarios e a xuíza”.

Ademais disto, os citados xuíces atacan moi duramente tanto a De Lara como a Hermelino Alonso Eiras, un dos responsábeis históricos de Vigilancia Aduaneira no país. O xuíz Del Río escóitase dicindo que a De Lara vaille caer un “carallazo”, un “fustigazo que ten ben merecido” dado que é “torpe, incompetente e destila maldade por todos os poros, e ademais … sempre en vísperas de eleccións” . Tamén cualifica de “loca perdida ” a súa compañeira e lanza unha clara ameaza: “vaille caer un fustigazo. un día destes vaille caer unha que se vai acordar macho. Porque ademais de torpe, de incompetente, destila maldade por todos os poros, eh”.

Do funcionario de Aduanas, Del Río escoitase dicindo “cabrón”, que se fose el non durmiría tranquilo e mesmo “que clase de xefe eres ti (...) que collo aos gardas e tal e os espanzurro vivos”

Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro | Fonte: cadenaser.com

Pola súa banda, o xuíz Carballal di do investigador de Aduanas que “mañá tamén digo mira Lino roubou e mans cheas e o publicamos”. A Ser tamén publica un whatsupp deste xuíz ao funcionario no que se lle culpa da filtración sobre a súa suposta intermediación con Espadas: “Pola túa parte paréceme unha actuación inmoral, indecente, hai tempo que me coñeces e como xa me dixeches no seu día sabes que non teño ningunha participación nin directa nin indirecta no tema. Mencionarme é un daño moral que non poderei esquecer de xeito doado”. “Hai que darse conta de os demais tamén sabemos moitas cousas” e a “a cada porquiño chégalle o seu San Martiño” son outras das ameazas veladas referidas ao traballador público que figuran na documentación publicada hoxe.

O interlocutor dos xuíces é o empresario Juan Castro García, condenado nun preito canda dous funcionarios de Aduanas e outro empresario por fraude na venta de gasóleo. En principio, De Lara non tivo que ver coa instrución dese asunto xulgado en Pontevedra.

Cómpre lembrar que De Lara, usando para as súas investigacións a axentes de Vigilancia Aduanera e non da Policía nin da Guardia Civil, ten imputados a ducias de empresarios, funcionarios e políticos do PP, PSOE e BNG. O último gran titular que deu un dos sumarios que instrúe é que pediu imputar ao presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo por recibir botellas de viño valoradas en miles de euros por parte do dono de Monbús.

Este non é o único ataque que recibe De Lara. A semana pasada o Consello da Avogacía de Galicia denunciaba publicamente unha actuación da xuíza por supostamente levarse un disco duro dun avogado de Coruña. Despois sóubose que era o letrado de Nené Barral (o ex-alcalde de Ribadumia do PP condenado por contrabando) e que o avogado tamén está imputado por branqueo de capitais.

A publicación destes documentos supón unha verdadeira carga de profundidade para a imaxe de independencia do poder xudicial en Galicia. Que fan dos xuíces falando mal dunha compañeira con tal grado de confianza cun condenado por fraude fiscal? é unha das preguntas que xorde ao fío deste complexo asunto.

Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro /cadenaser.com Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro /cadenaser.com
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro /cadenaser.com Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro /cadenaser.com
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro | Fonte: cadenaser.com
Mensaxe de Whats Up mandado polo xuíz Carballal ao xefe de Aduanas Hermelino Alonso Eiras
Mensaxe de Whats Up mandado polo xuíz Carballal ao xefe de Aduanas Hermelino Alonso Eiras | Fonte: cadenaser.com
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro
Informe de Vigilancia Aduanera sobre as conversas intervidas aos xuíces con Juan Castro | Fonte: cadenaser.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Don Pimpón

E estes son xuíces?? Vaia panda! Non seia que espera HBO para facer unhas serie sobre o PP e a Gürtel e logo unhas miniseries por autonomías, "Al-andalus Eres", "Molt honorable Pujol", "Fraga's mafia and his inheritors", 'Madrid heat'