Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/01/2017 | Actualizada ás 19:19
Diego Lores, o mozo sobre o que pesaba unha condena de tres anos e medio de prisión e 30.000 euros de multa como responsabilidade civil pola suposta agresión a un policía, non terá que ir a xuízo. Precisamente, o policía local que o denunciara acabou retirando a denuncia que tiña interposta contra el.
A Asemblea Aberta de Coia fixo público o documento no que o axente da policía local de Vigo manifesta en sede xudicial que "renuncia á acusación" e pide "o sobresemento e arquivo das actuacións".
A fiscalía retirara a acusación con anterioridade ante a falta de probas, xa que toda a acusación do axente sostíñase no seu propio testemuño e no doutro policía. O propio acusado ten insistido en numerosas ocasións –a última nunha entrevista no GC--, que non agredira ao policía.
Lores é un referente do barrio, polo seu activismo na Oficina de Dereitos Sociais de Coia. Precisamente, nesta parroquia máis dun centenar de persoas permanecían pechadas para reclamar a súa absolución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.