Temas: R CABLE

R di que comeza a pagar aos seus clientes pola avaría de Nadal

A compañía insiste en que o culpábel do sucedido foi Vodafone por mandar SMS a eito. Con todo, promete devolver até 4,12 euros por liña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2017 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A compañía R comezou a aboar aos seus clientes a compensación pola avaría masiva que afectou ás liñas móbiles durante horas entre o 23 e o 24 de decembro.

Alfredo Ramos, director xeral de R, nunha imaxe do seu Linkedin
Alfredo Ramos, director xeral de R, nunha imaxe do seu Linkedin

Así, R aplica na tarifa de xaneiro aos seus clientes un desconto de cinco veces o período polo cal non puideron facer chamadas nin usar Internet nos seus móbiles.

De tal forma, a compensación que aplica R aos seus clientes nas súas tarifas van dende os 1,10 euros ata os 4,12 euros -en función do plan de voz e datos que teña contratado cada cliente-, segundo informan a Europa Press fontes das compañía.

R asegurou no seu momento que "a causa da incidencia" se debeu a "un aumento desproporcionado do tráfico de SMS dirixidos a clientes de R como consecuencia dun envío masivo de mensaxes do operador Vodafone".

Non obstante, Vodafone saíu ao paso das "graves, inxustificadas e irresponsables acusacións" de R, e dixo "ter a firme convicción de que nada ten que ver con esta incidencia", pois o envío de SMS cursados dende a rede de Vodafone á rede de R "non é significativo".

Temas: R CABLE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Montesío

Esta é a historia de como mercar unha empresa galega que funciona ben para botala abaixo e facerse co seu mercado. Quen está detrás?

1 Berro de forza

O PNV que é quen manda en Euskaltel, Pero xa sabedes, Galeuska ía arranxar os problemas dos galegos

2 Montesío

Pero non é Euskaltel quen se beneficia da perda de mercado que está sufrindo R.