Temas: BNG

O BNG integra á Fronte Obreira Galega

A voceiro nacional do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Fronte Obreira Galega (FOGA), Xosé Carlos de la Fuente, asinarán este venres en Vigo o acordo que establece unha serie de bases ideolóxicas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/01/2017 | Actualizada ás 09:42

Comparte esta noticia

A voceiro nacional do BNG, Ana Pontón, e o presidente da Fronte Obreira Galega (FOGA), Xosé Carlos de la Fuente, asinarán este venres en Vigo un protocolo de integración desta formación na fronte nacionalista.

Pancarta da FOGA un 25 de Xullo
Pancarta da FOGA un 25 de Xullo

Ambas as dúas organizacións concordan na "necesidade de unidade de acción das forzas nacionalistas para avanzar cara a unha Galicia soberana con organizacións propias".

O protocolo recolle unha serie de principios compartidos, segundo avanzou o BNG, como son a "defensa do dereito de autodeterminación e da soberanía do pobo, a defensa dos dereitos sociais e económicos das clases populares, a aposta pola igualdade entre homes e mulleres e a defensa dunha economía ao servizo do pobo que permita xerar riqueza e contar cos recursos suficientes para manter os servizos públicos e sociais de calidade e universais".

Así mesmo, inclúese no documento de principios compartidos "o pleno desenvolvemento da identidade nacional, lingüística e cultural", así como unha democracia real e participativa.

A sinatura do protocolo terá lugar este venres 27 de xaneiro na cidade de Vigo, ás 11,00 horas, na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

INTEGRACIÓN NA FRONTE EN PLENO DEBATE

A integración no Bloque Nacionalista Galego realízase en pleno proceso asambleario, que culminará a finais de marzo coa celebración do seu plenario os días 25 e 26 de marzo.

Ademais, chega despois de que, tras a asemblea de xaneiro de 2012 en Amio, o BNG experimentase as súas dúas grandes escisións, que supuxeron a marcha dos irmandiños capitaneados por Xosé Manuel Beiras e as bases do que entón era Máis Galiza (que logo derivou en Compromiso por Galicia).

A iso, hai que sumar outras baixas no nacionalismo do BNG tras a asemblea da Coruña de febreiro de 2016, momento no que tamén houbo marchas puntuais como a do que fose voceiro parlamentario, Carlos Aymerich, e do que fose vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 FRPU

Achégase o Congreso da CIG. Hai que ir tomando posicións para o reparto do pastel.

1 Normal

Vos sodes mais de Comisiones Peperas

3 Lutero

Otro chiringuito para lograr cacho en una dirección. La UPG comienza el proceso reunir bajo sus calzoncillos a todos los pobres pedigüeños que se quiren hacer notar. Buen trabajo de fontanería. Ahora ofrecerles algo al comando de López Rico y ya os los deglutís. Definitivamente el BNG va a rebentar la Marea con la contradición servidores de Galicia servidores de España.

2 Androide

Di Sixto que os do BNG "sodes galegos 100%". Non sei que títulos ten el para outorgar credenciais de galeguidade, mais é de agradecer. Enxebres como a pataca de Coristanco.

1 Sixto

Ides por mal camino. Nunca teredes a marioría social nin moito menos. Sempre seredes una forza residual. Tedes/temos 6 deputados autonómicos. Sinceramente; é unha merd...Por moito que tenades, co tempo; digamos 50 ou 100 anos, teredes, uns 20. Xa sei que o que digo é política-ficción. Pero, non ides ter máis. Se seguides por este camino. Se tedes 6 deputados é porque Feijoo fixo unha campanha feita na Galiza. Polo que saíchedes beneficiados. O que tedes é porque o stablishment quere. As vosos apoios sociais son mínimos e demasiado "dogmáticos" por non dicer, directamente pedantes ata dicer basta. Non, sei que a Galiza non da para moito. Pero vós sodes galegos 100%. Para o bon, pero tamén para o moi malo.

1 Sixto

Houbo hai pouco unha festa galeguista da que non quero falar moito. Era inaguatábel: Poetas, narradoras e narradores, cantautores, discursos que citaban epopeias, etc. vamos, non había quen o aturara. Menos 4 adolescentes co sangue quente. Pregúntome eu: É que non hai ninguén galeguista que fose por Ciencias e que non senha un pedante? Debe haber ben poucos. E outra cousa. O chamado "efecto Pontón". Ter 6 deputados autonómicos é o efecto Pontón. Pois dicer que conhecín a ún que antes era galeguista e Juan Carlista. Agora é galeguista e Pontonista. Se non fora porque é moi serio...

2 Espello

E falas ti de pedantería.