O cocido de Lalín atrae a alcaldes do PPdeG

Rafael Cuíña convida ao rexedor de Ribeira, o popular Manuel Rivas, a degustar produtos típicos dentro dos actos promocionais da Feira do Cocido.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 04/02/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Cocido en Ruta, unha orixinal iniciativa impulsada polo Concello de Lalín para promocionar a súa Feira do Cocido, acabou atraendo a rexedores populares a este antigo feudo do Partido Popular na provincia de Pontevedra.

Bus que promociona a Feira do Cocido de Lalín
Bus que promociona a Feira do Cocido de Lalín | Fonte: Concello de Lalín

E é que este venres foi o rexedor de Ribeira, Manuel Rivas, o convidado de honra do alcalde lalinense, Rafael Cuíña, a degustar produtos típicos desta feira. A iniciativa permite, mediante un Bus tipo inglés rotulado co cartel da Feira do Cocido, difundir esta Festa de Interese Turístico Nacional, que celebrará o seu día grande o vindeiro 19 de febreiro, ademais de realizar degustacións ao público de produtos e tapas inspiradas no cocido totalmente de balde. 

O rexedor de CxG realizou, acompañádo do seu homólogo do PpdeG, unha presentación dos principais atractivos da Feira no centro cultural Lustres Rivas, e a continuación achegáronse ao bus para degustar as tapas elaboradas por Diego López, do restaurante La Molinera.

Este vehículo promociona diferentes produtos gastronómicos cedidos por diferentes empresas de Lalín. Ademais, o bus vai dotado de todo o material de promoción turística publicado polo concello nos últimos meses.

Manuel Rivas e Rafael Cuíña degustan produtos típicos de Lalín
Manuel Rivas e Rafael Cuíña degustan produtos típicos de Lalín | Fonte: Concello de Lalín
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 kilo

O cacique promocionándosé. Iso é todo

1 Lume

Promocionou a festa entre xente impura, o lume con Él, xa diciamos nós que este é un cacique, o cocido é só para xente de esquerdas de verdsde, menos mal que está o gran panfleto en galego (traducido do castelán) para avisarnos de estas cousas