SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2017 | Actualizada ás 19:34 por EUROPA PRESS
Rita Maestre, Ramón Espinar e Diego Pacheco debaterán este mércores en Santiago de Compostela sobre as teses das principais candidaturas que se enfrontarán para o Consello Cidadán Estatal na Asemblea Cidadá de Podemos (Vistalegre II), que terá lugar este fin de semana en Madrid.
En concreto, a portavoz do Concello de Madrid e número dous da lista de Errejón (Recuperar a Ilusión), Rita Maestre; o líder do partido na Comunidade de Madrid e afín a Pablo Iglesias (de Podemos para todas), Ramón Espinar; e o colaborador principal de Miguel Urbán e número tres da candidatura dos anticapistalistas (Podemos en Movemento), Diego Pacheco, defenderán os respectivos proxectos nos que se inclúen nun debate que terá lugar ás 19,00 horas na Facultade de Dereito.
Segundo explicou Podemos Galicia nun comunicado, o encontro, que será moderado por Julia Torregrosa, enmárcase na rolda de encontros que Podemos organiza en distintos puntos do Estado para dar a coñecer de forma plural as distintas teses que se presentan para Vistalegre II, no que se renovarán os órganos da formación morada.
Respecto diso, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, confiou en que o debate "sexa construtivo, proactivo e leal" para que "salga fortalecida a organización" e que se expoñan "tanto as ideas en común" como "os distintos matices" para que a xente poida votar de forma "consciente".
"A nivel organizativo penso que, estando en Galicia, sería relevante confrontar como abordan as distintas candidaturas un posible proceso de fusión orgánico na construción da unidade popular", considerou a líder de Podemos Galicia, que mostrou a súa "satisfacción" pola celebración deste debate na Comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.