Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2017 | Actualizada ás 19:58
As rutas de sendeirismo que discorren polo Monte Pindo, situado no municipio coruñés de Carnota, serán as primeiras sendas que aparecerán na plataforma Google Street View.
A Asociación Monte Pindo e Google asinaron un convenio de colaboración que conta co apoio do Concello de Carnota para o "mapeo" das rutas, que terá lugar o próximo mes de abril.
Deste xeito, a compañía autorizou ao colectivo veciñal a usar "a mítica mochila Trekker" para percorrer as 26 rutas que discorren polo 'Olimpo Celta', que suman un total de 110 quilómetros, segundo informou a propia Asociación Monte Pindo a través dun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.