Alexandra Fernández descarta que 'Vistalegre II' repercuta en En Marea

Destaca que o ocorrido en 'Vistalegre II' cínguese ao debate "do proxecto interno de Podemos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2017 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, descartou este luns que o resultado da Asemblea de Podemos deste fin de semana, na que se elixiu á nova dirección deste partido, vaia a ter repercusión no traballo de En Marea, e lembrou que o ocorrido en 'Vistalegre II' cínguese ao debate "do proxecto interno de Podemos".

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández

Así o manifestou, a preguntas dos medios, e subliñou que a Asemblea do fin de semana "é un punto" no camiño dun proceso no que "aínda queda por ver como se aglutinan as diferentes liñas políticas". "Hai que esperar a ver como se segue avanzando na capacidade de unidade", recalcou, e engadiu que, en todo caso, "é un debate do proxecto interno de Podemos, non relacionado co resto de espazos da confluencia".

Alexandra Fernández cualificou como "positivo" o congreso da formación morada, no sentido de que "serviu para testar o sentir maioritario das bases", e expresou o seu desexo de que "servise para reforzar o espazo de cambio" no panorama político español.

Segundo precisou, "máis que para o debate entre as persoas, para o que serviu foi para clarificar o proxecto de Podemos", aínda que eludiu facer máis comentarios, porque non lle "corresponde" a ela opinar sobre un proceso doutra formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Farruco

Galiza Non Se Vende foi o xermolo das TRAICIÓNS á Galiza da tropa mareante. Tranquilos. Vano pagar caro. Moi caro. Xa o comezaron a pagar...o lume que acendeu o odio da vinganza pendeu e xa non hai quen o apague até afundirvos traidores!!

1 Lozano & Lores SLU

No BNG sodes igual que o Partido Podre, non asunides os erros, non pedides disculpas, non desparasitades. Vendex, Carrumeiro Media, loterías e presidencia de Acción & Klasse, Reganoxo, favores a Massó, prestamista e grande amigo Gayoso, participación en Sicavs de Luxemburgo, continuidades do Mausoleo de Fraga, Gurtel, portas xiratorias, familia Baltar, negocios Louzán, santa Rita, héroe Trillo, Rato superdotado... E os culpables somos os que non calamos as vosas vergoñas e latrocinios!!!

4 comunista independentista

A blocallada histérica ladrando as súas frustracións. Nada novo.

1 Nefelibata

Cando gravades o próximo éxito? https://www.youtube.com/watch?v=ahI... Por certo, xa de paso explícasme esta parte da letra: comprendín novas formas de ser hoxe galega para irmos máis alá Ai, non... Xa o entendín as novas formas de ser hoxe galega e poñervos ás ordes dos da capetal, non???? Por certo, cal foi ata o momento o traballo parlamentario desta señora. Ao mellor algúns dos seus votantes ademais de oila cantar queren coñecelo. E xa que lle gusta tanto a Kollontai podía explicar que fai, por exemplo, para promover iniciativas a favor da conciliación familiar. Ao fin, xa o escribiu a Kollontai, a de verdade: "El capitalismo ha cargado sobre los hombros de la mujer trabajadora un peso que la aplasta; la ha convertido en obrera, sin aliviarla de sus cuidados de ama de casa y madre".

2 Nefelibata

Por certo, tamén escribiu a Kollontai, a verdadeira o seguinte: ""Las feministas burguesas están luchando para conseguir derechos políticos: también aquí nuestros caminos se separan: para las mujeres burguesas, los derechos políticos son simplemente un medio para conseguir sus objetivos más cómodamente y más seguramente en este mundo basado en la explotación de los trabajadores. Para las mujeres obreras, los derechos políticos son un paso en el camino empedrado y difícil que lleva al deseado reino del trabajo". Esta cita acaelle moi ben ao traballo supostamente a favor das mulleres que están a facer podemitas e sucursales varias, incluída a galaica. Mira que tedes sorte de que aínda vos voten... Sorte ou medios poderosos a favor dos xefes... Ou non?

3 Parada do Sil

De verdade Nefelibata, ti non sabes que La Voz de Su Amo promoveu o voto polo BNG para evitar que foran á Marea? Medios poderosos a favor dos intereses do rancio coruñesismo, publicidade institucional sen criterios públicos tanto no Partido Podre como no bipartito ou onde goberna o BNG? Nada que ver coas Mareas de Podemos? Ou si?

4 Nefelibata

Claro, claro... Cando vos trataban ben a vós durante a "primavera galaica" non protestabades... http://www.galiciaconfidencial.com/... Queres que che recorde con quen fixeron pinza os de Galiza non se vende durante a etapa final do agónico bipartito? Seguro que non... A ver se nos imos enterando do mundo no que vivimos e decatándonos de quen minifundizou a esquerda galega e puxo ao servizo de la capetal a parte do nacinalismo galego. Do golpe que lle destes daquela nunca se recuperara. E certo que se viña preparando de lonxe, con revistas e webs nas que calquera que expresase unha opinión en contra do bloque, fundada ou non, tiña cabida... Non vos vai absolver a historia. A dicir verdade nin seredes nota ao pé de páxina. Idello dicindo ao voso amado ex-líder, porque agora vós obedecedes a Pablo, non? Non me saques a falar...

5 FRPU

Pero aínda seguides no BnG botándolle a culpa do voso fracaso no bipartito a Galiza Non Se Vende? Aínda non fostes capaces de asumir a vosa responsabilidade? Sempre é máis doado botarlle a culpa ao pobo organizado que facer autocrítica, non si? Así vos vai.

3 Mateo Morral

En efecto: quién se cree la marea qué es? dentro de Puedemos solo una pequeña comparsa de carnaval sin influencia y solo dispuesta a cumplir la orden del día que emane del órgano gestor que cuadre......por supuesto política galega......polo carallo! Oye pero no pasa nada.....casi tan malo era votar a Fraga y aquí nadie movió un pelo.....El Pais bien. Gracias!

2 mais mareados expañois

O VELLO AINDA NON SACOU NADA, o -vieiras soñaba co ministerio de nacionalidades histéricas que lle prometerá o Waldo das jons pableiras, pero mira por onde parece que non vai ser, agora caeron en falanxismo verbal puramente verbal, a excutiva do pe$$$$$oe esta que se frota as maos e o cubo do lixo vai ir o rejon, e o leitugas do pe$oe de Galicia e o inicuo do pe$$$$$oe o pedroche...

1 Criadas de servir

Simplemente, quedouvos claro quen é o señorito despois da liorta entre os amos. A sito Errejón non lle abrades a porta do pazo sen que o mande sito Iglesias.