A Fronte Antitaurina conta nesta lexislatura co apoio de 30 deputados do Parlamento galego

Esta iniciativa de 'Galicia, Mellor Sen Touradas' "convidará" aos representante do Partido Popular a sumarse a esta causa. Son en Valga e Pontevedra continúan celebrandose touradas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A Fronte Antitaurina, iniciativa da asociación abolicionista 'Galicia, Mellor Sen Touradas', aumentou os seus apoios no Parlamento galego nesta lexislatura, ata obter o respaldo de 30 deputados, o que supón un incremento do 10 por cento con respecto ao apoio da anterior cámara, na que tiñan o respaldo de 27 representantes.

Cadea humana contra as touradas en Pontevedra
Cadea humana contra as touradas en Pontevedra

Segundo informou a propia organización este domingo a través dun comunicado, a Fronte Antitaurina conta co apoio do grupo parlamentario de En Marea --con 14 deputados-- e do BNG --con seis--, así como con 10 dos 14 parlamentarios do PSdeG. Así mesmo, 'Galicia, Mellor Sen Touradas' asegurou que "convidarán" aos representante do Partido Popular a sumarse a esta causa.

O aumento dos apoios parlamentarios aos abolicionistas foi parello a un descenso do respaldo municipal aos eventos de carácter taurino. Así, mentres que en 2012 eran cinco as localidades que albergaban algún tipo de evento taurino --A Coruña, Pontevedra, Triacastela (Lugo), Padrón (A Coruña) e Valga (Pontevedra)--, actualmente só dous delas continúan permitindo estas prácticas --Pontevedra e Valga--.

Ademais, segundo apuntaron os abolicionistas, "Galicia é unha das comunidades con menor seguimento da tauromaquia". Citando datos do Ministerio de Cultura, a plataforma indicou que "só o 0,3 por cento da cidadanía declara asistir a corridas ou novilladas".

A plataforma explicou que o seu principal obxectivo actualmente é o de "exercer de contrapoder ao menguante, pero aínda poderoso, lobby taurino". Neste sentido, 'Galicia, Mellor Sen Touradas' sinalou que a sentenza do Tribunal Constitucional sobre a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) antitaurina catalá "tamén obrigou a reformularse determinadas estratexias".

En definitiva, as actuacións da fronte concretaranse en "toda clase de iniciativas" dos grupos políticos ao pleno e ás diferentes comisións parlamentarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jomersindo de Dombodán

A "tenta de bois" en Allariz é considerada tourada???? Porque teño visto animalistas que a inclúen como maltrato animal. Se BNG, En Marea e progres varios non queren touradas, estamos de acordo, pero coidadiño con ir da man de talibáns veganos, que é o que se oculta atrás de moitos colectivos animalistas.