Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/03/2017 | Actualizada ás 10:33
A Universidade da Coruña organiza unha conferencia aberta ao público no museo DOMUS, este xoves, 9 de marzo, ás 19:00h. titulada “Os mellores condóns para o século XXI” a cargo do profesor Richard Chartoff, director do Laboratorio de Caracterización de Polímeros da Universidade de Oregón, Estados Unidos.
Chartoff ten unha subvención da Fundación Bill e Melinda Gates para o desenvolvemento de novos preservativos para a prevención de transmisión de enfermidades e embarazos non desexados. Nesta conferencia falará da súa investigación neste ámbito.
Ademais desta intervención de divulgación científica, o profesor Chartoff impartirá un ciclo de conferencias de carácter académico máis especializadas nas instalacións da Universidade da Coruña, nos campus da cidade herculina e Ferrol. Onte xa impartiu no CICA a charla titulada “Impresión 3D para a construción de nanomateriais poliméricos compostos", e o vindeiro venres estará de novo neste centro de investigación no Campus de Elviña co tema “Novas tecnoloxías de impresión 3D para utensilios biomédicos personalizados".
Mañá, mércores, 8 de marzo, estará na Escola Politécnica Superior, no Campus de Ferrol, onde ás 11:00 horas na aula de posgrao impartirá a conferencia: “Poliuretanos como alternativa ás epoxis para aplicacións como adhesivos mariños”, informa a UDC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.