Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/01/2010 | Actualizada ás 11:22
Tanto Galicia Bilingüe coma a Plataforma Democracia y Libertad teñen denunciado duramente o decreto e aseguran que foron "enganados" por Feijóo, a quen lle lembran que, durante a campaña electoral prometeu que os pais poderían elixir o idioma das materias troncales, e terían liberdade para utilizar nas aulas tanto oralmente como por escrito tanto castelán como galego.
"Los militantes, simpatizantes, votantes del PP y muchos colcetivos más nos sentimos defraudados, utilizados y engañados por usted", apuntan desde a Plataforma Democracia y Libertad.
Tamén a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, acusa a Feijóo de mentir e di sentirse "moi decepcionada". Critica que o PP se refira a GB coma un "grupo de extremistas" e anuncia que seguirá defendendo o dereito dos pais a elixir a lingua dos seus fillos.
Os xornalistas Raúl Vilas e Cristina Losada, colaboradores de Libertad Digital, analizan o decreto do ensino do galego aprobado no último Consello do pasado ano e amosanse críticos coa opción adoptada polo Executivo de Feijóo.
Nos últimos días teñen aparecido varios videos en Internet criticando ao presidente galego por incumprir as súas promesas electorais:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.