Felipe González foi un esquirol, segundo Beiras

O líder de Anova anima aos dirixentes de En Marea a facerse "cargo do asunto" sen mentores. Di que abandonou o BNG porque "perdera a súa metodoloxía inclusiva" e que "se lanzou á piscina" con Anova en 2012.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2017 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista e portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, criticou duramente ao expresidente do Goberno Felipe González, ao que cualificou de "esquirol". "Nos anos setenta houbo unha traizón fodida no espazo antifranquista, eu coñecía persoalmente a Felipe González e, realmente foi un esquirol", dixo.

Xosé Manuel Beiras, entrevista con Europa  Press xaneiro de 2016
Xosé Manuel Beiras, entrevista con Europa Press xaneiro de 2016 | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista concedida ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, no seu programa La Tuerka, Beiras cargou contra a actitude de Felipe González entón, pero sobre todo, agora. "O que acaba de facer agora xa é moito máis grave pero vai na liña do que foi nos anos 70", dixo en referencia ao seu apoio á abstención do PSOE para facilitar o goberno ao PP.

Ademais o seu papel político, Beiras comentou con Pablo Iglesias varias anécdotas da súa vida. Así, desvelou, entre outras cuestións, que tras pagar as multas de varios estudantes por unhas folgas nos anos 70, o único que non lle devolveu o diñeiro foi o actual alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen por aquel entón, segundo indicou, acabaría militando no Partido Comunista.

Novas xeracións

Durante a entrevista, animou aos líderes de En Marea a facerse "cargo do asunto" e sen mentores durante unha entrevista concedida ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, no seu programa La Tuerka.

"Eu dígollo agora á xente que ten trinta e moitos ou corenta e poucos anos en Galicia, das mareas, da propia Anova ou de Podemos Galicia. É hora de que vos fagades cargo do asunto porque á miña xeración, cando tiñamos esa idade, tocounos non só non ter ningún mentor, senón que os mentores que tiñamos traizoárannos", manifestou Xosé Manuel Beiras.

O histórico dirixente nacionalista pronunciouse deste xeito nunha entrevista na que repasa a súa biografía política, con especial incidencia no seu papel na construción do que foi Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en 2012 e a posterior creación do proceso de unidade popular que deriva en En Marea. Ademais, ten lugar antes de que o vindeiro sábado, día 18 de marzo, Anova celebre o seu III Asemblea Nacional da que sairá unha substitución xeracional.

Na súa intervención, Beiras asegura que "tiña moi claro que o problema do BNG" é que "perdera a súa metodoloxía inclusiva". "Porque o éxito do BNG dos anos 80 e 90 foi que era absolutamente inclusivo e tiña un discurso en que todo o mundo das clases populares sentía integrado", sinalado.

Tras iso, lembrou que, unha vez nada Anova, no seu discurso con motivo do Día da Patria en xullo de 2012 lanzouse "á piscina para saber se hai auga". "Digo que é necesario traspasar as fronteiras", indicou en relación ao proceso de diálogo que acabaría na creación de AGE xunto a Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

7 Per

Ti foches esquirol cando negociaches o teu liderato ca UPG na fundacion do BNG traizoando ao PSG pra facelo desaparecer,,, non esquecemos

1 Leirachá

Con Esquerda Nacionalista foi a grande traición do Beiras, para glória da UPG. Beiras serviu á UPG, como agora serve ao egoísta da Complutense. As cousas claras, xa é tempo de falar a verdade no lugar de erguer capelas a santos de barro.

6 Marcelino del Val

Cobraste años en el Parlamento de nuestros impuestos y no hacías nada, más que teatro. Vago. No construiste nada para Galicia, todo para tu EGO. Tú si traicionaste a los que trabajaban contigo, ahí están las hemerotecas...hasta te expulsaron de un partido que tu ayudaras a fundar...qué caprichoso eres...ojalá te pudras tu y el BNG y toda la berborrea que te hace el cuento.No creais un puestos de trabajo, inútiles.

5 Apuntala a Viyares

Aaaaaghssssss desperezandonos despois da sesta Ghosé Manuel.... Que sillón máis comodo tes na foto

4 xant

A Felipe González lo puso la cia así que ya está todo dicho

3 xacob

Triste final

1 comunista independentista

Para "final feliz", o do Bloque: rematar de cipaios ao servizo do PP/PSOE para atacar ás Mareas.

2 Menuk

Comunista, refíreste á Marea de Pontevedra votando co PP? Ou a Compostela Aberta ninguneando primeiro ao Bloque e logo suplicando que entre no goberno ( porque están máis perdidos a Chapeu Big Band que Feijóoo nunha biblioteca)