Felipe González foi un esquirol, segundo Beiras

O líder de Anova anima aos dirixentes de En Marea a facerse "cargo do asunto" sen mentores. Di que abandonou o BNG porque "perdera a súa metodoloxía inclusiva" e que "se lanzou á piscina" con Anova en 2012.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2017 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista e portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, criticou duramente ao expresidente do Goberno Felipe González, ao que cualificou de "esquirol". "Nos anos setenta houbo unha traizón fodida no espazo antifranquista, eu coñecía persoalmente a Felipe González e, realmente foi un esquirol", dixo.

Xosé Manuel Beiras, entrevista con Europa  Press xaneiro de 2016
Xosé Manuel Beiras, entrevista con Europa Press xaneiro de 2016 | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista concedida ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, no seu programa La Tuerka, Beiras cargou contra a actitude de Felipe González entón, pero sobre todo, agora. "O que acaba de facer agora xa é moito máis grave pero vai na liña do que foi nos anos 70", dixo en referencia ao seu apoio á abstención do PSOE para facilitar o goberno ao PP.

Ademais o seu papel político, Beiras comentou con Pablo Iglesias varias anécdotas da súa vida. Así, desvelou, entre outras cuestións, que tras pagar as multas de varios estudantes por unhas folgas nos anos 70, o único que non lle devolveu o diñeiro foi o actual alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen por aquel entón, segundo indicou, acabaría militando no Partido Comunista.

Novas xeracións

Durante a entrevista, animou aos líderes de En Marea a facerse "cargo do asunto" e sen mentores durante unha entrevista concedida ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, no seu programa La Tuerka.

"Eu dígollo agora á xente que ten trinta e moitos ou corenta e poucos anos en Galicia, das mareas, da propia Anova ou de Podemos Galicia. É hora de que vos fagades cargo do asunto porque á miña xeración, cando tiñamos esa idade, tocounos non só non ter ningún mentor, senón que os mentores que tiñamos traizoárannos", manifestou Xosé Manuel Beiras.

O histórico dirixente nacionalista pronunciouse deste xeito nunha entrevista na que repasa a súa biografía política, con especial incidencia no seu papel na construción do que foi Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en 2012 e a posterior creación do proceso de unidade popular que deriva en En Marea. Ademais, ten lugar antes de que o vindeiro sábado, día 18 de marzo, Anova celebre o seu III Asemblea Nacional da que sairá unha substitución xeracional.

Na súa intervención, Beiras asegura que "tiña moi claro que o problema do BNG" é que "perdera a súa metodoloxía inclusiva". "Porque o éxito do BNG dos anos 80 e 90 foi que era absolutamente inclusivo e tiña un discurso en que todo o mundo das clases populares sentía integrado", sinalado.

Tras iso, lembrou que, unha vez nada Anova, no seu discurso con motivo do Día da Patria en xullo de 2012 lanzouse "á piscina para saber se hai auga". "Digo que é necesario traspasar as fronteiras", indicou en relación ao proceso de diálogo que acabaría na creación de AGE xunto a Esquerda Unida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

2 Xonc

O Felipe González de Galicia é vostede. Leva vivindo da política dende que lembro e xa peino canas.. Foi de chiringuito en chiringuito para vivir no quente e prácido da moqueta. PSG, EN, BNG, Anova, AGE, En Marea... Pai de todos e fillo de ningún.

1 eusi

Bieras vivindo da política? Deixa a bebida coitado... que mala é prá cabesa!

2 antiburras

Penso que ten confundes con Mexuto, Rubén Cela, Duarte, Bieito Lobeira e Ana Poltrona

3 Galego

Desculpa pero os que nombras non cambiaron de cor nin de ideais para asegurar un cargo.

1 FRPU

Veña, trolls ociosos do BnG, a desafogar aquí as vosas frustracións!

1 Loisín

Estou frustrado porque despois de moito estudiar, non puiden traballar na RAG porque o seu presidente Ferrín (Anova-Marea-FPG) emprega ao seu xenro Alberte Lema (Marea Atlántica) fai ben pouco. Frustrado porque tras levar tempo fóra do activismo, comprobo que o invento de AGE Marea é peor que o que había cando marchei : carguiños, loitas cainitas, etc

2 C.t.lao

Homer, se sempre eres ti, comunista independentista, o primeiro en facer un comentario...