Temas: XAVIER VENCE BNG

Xavier Vence pide a baixa do BNG descontento polo rumbo da formación

O ex-portavoz nacional do Bloque remite unha carta á dirección da organización na que explica as "varias e complexas" razóns polas que tomou esta decisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/03/2017 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O ex-portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, solicitou a baixa da formación nacionalista a través dunha carta remitida á actual dirección da organización e unha semana antes de que o Bloque celebre a súa asemblea de refundación, prevista para os días 25 e 26 de marzo na Coruña. Segundo explicou o propio Xavier Vence en declaracións a Europa Press este mércores, na misiva, explica as razóns "varias e complexas" polas que tomou esta decisión.

Xavier Vence
Xavier Vence | Fonte: Europa Press.

Con todo, preguntado por estes motivos, Vence recoñeceu que se deben ao descontento co rumbo actual da formación frontista, pero rexeitou facer públicos, polo momento, estes argumentos. "As razóns son varias e complexas pero non vou facer agora ningún comentario nin declaracións específicas ata que decida se farei pública a miña carta", indicou.

Xavier Vence, que liderou a formación entre o 2013 e o 2016, era unha das voces críticas que existían no BNG e que avogaban por un cambio no modelo organizativo que posibilitase achegamentos co espazo de unidade popular de En Marea para competir contra o Partido Popular en Galicia.

Precisamente, o ex-portavoz nacional foi un dos militantes nacionalistas que secundou o 'Chamamento de Vidán', no que os asinantes consideraban necesario reforzar o espazo político do nacionalismo en Galicia e "tender pontes" entre distintas organizacións para configurar unha alternativa ao BNG

Temas: XAVIER VENCE BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

31 Gamela

Deixo aquí un vello comentario que podería explicar en parte o que está a suceder no BNG de Paco Rodríguez UPG // Rematado o ano 2016 pregúntome como é posible que NINGUÉN tirase do fío sobre a extorsión da famosa Mesa da Coruña (da que falou Quintana o 11 de marzo de 2016) // Como a UPG consentiu que esta EXTORSIÓN pasara sen pena nin gloria e chegase a maridar a Voz de Galicia co BNG de Ana Pontón? // Logo da demisión de Quintana como a UPG de Paco Rodríguez impuxo este SILENCIO? // Son preguntas que quedarán sen resposta pero das cales dependerá o futuro do nacionalismo galego... E para rematar a faena, por que o grupo parlamentario de En Marea e Villares nunca fixo referencia a este asunto nin en campaña nin fóra dela (Beiras tamén cala) ? // DEMASIADAS PREGUNTAS SEN RESPOSTA para unha organización tan seria coma o BNG http://www.galiciaconfidencial.com/...

30 Pilar Garcia Montenegro

E vaste, querido "pijo"...e non voltes máis.

29 Desiderio

Outro inimigo a linchar públicamente. A lista de traidores, vendidos, trepas, aproveitados, españolizados, resentidos, rebotados... medra. A pregunta certa sería saber quen son os boiños: os que se van ou os que fican? Se cadra, un supoñer, ningúns! Fiarse da UPG é o mesmo que facelo do PcE, hai moito situado que prefire a marxinalidade con tal de non perder a teta. Entregarse a Podemos, os do ego subido, os que falan de pluralidade mentres concentran todo o poder na cópula e na cúpula, é un contrasentido. Este país precisa outros políticos!

28 Vence perde BNG gaña

Para min, ten ciumes de Ana, que foi quen de facer o que Xavier non puido A melancolía da derrota, o rencor do perdedor, a soberbia... explica o inexplicable,

27 Efixio

Xavier Vence. Non sei se fas ben en te ir. Eu nunca militei no BNG. Non por ganas. Quixen sempre militar dende hai moitos anos. Pero nunca din o paso. Hai algo no que representa o BNG que non me gusta. Eu non son moi listo, pero vexo aos comentaristas de SERMOS, PRAZA, GALICIA CONFIDENCIAL...e non me chistan. Moi poucos. Nen sequera os que pensan coma mín. Non son maduros. Só crean barreiras onde tinha que haber pontes. Poderia ter varios dominios punto gal, estar no BNG dende hai moitos anos. Pero nin tenho dominios punto gal nin milito en ningunha organización.