Temas: XAVIER VENCE BNG

Xavier Vence pide a baixa do BNG descontento polo rumbo da formación

O ex-portavoz nacional do Bloque remite unha carta á dirección da organización na que explica as "varias e complexas" razóns polas que tomou esta decisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/03/2017 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O ex-portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, solicitou a baixa da formación nacionalista a través dunha carta remitida á actual dirección da organización e unha semana antes de que o Bloque celebre a súa asemblea de refundación, prevista para os días 25 e 26 de marzo na Coruña. Segundo explicou o propio Xavier Vence en declaracións a Europa Press este mércores, na misiva, explica as razóns "varias e complexas" polas que tomou esta decisión.

Xavier Vence
Xavier Vence | Fonte: Europa Press.

Con todo, preguntado por estes motivos, Vence recoñeceu que se deben ao descontento co rumbo actual da formación frontista, pero rexeitou facer públicos, polo momento, estes argumentos. "As razóns son varias e complexas pero non vou facer agora ningún comentario nin declaracións específicas ata que decida se farei pública a miña carta", indicou.

Xavier Vence, que liderou a formación entre o 2013 e o 2016, era unha das voces críticas que existían no BNG e que avogaban por un cambio no modelo organizativo que posibilitase achegamentos co espazo de unidade popular de En Marea para competir contra o Partido Popular en Galicia.

Precisamente, o ex-portavoz nacional foi un dos militantes nacionalistas que secundou o 'Chamamento de Vidán', no que os asinantes consideraban necesario reforzar o espazo político do nacionalismo en Galicia e "tender pontes" entre distintas organizacións para configurar unha alternativa ao BNG

Temas: XAVIER VENCE BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

21 Outra vaca máis no millo

Sempre foi unha persona moi coherente, se non está dacordo en ter un espacio propio para o nacionalismo galego o seu sitio non é o BNG, sempre estivo a favor dunha confluencia sen paliativos, en principio tiña moitos apoios e eramos moitos os que miraban con bos ollos esa confluencia, o tempo demostrou que estabamos errados e que o nacionalismo galego non pode diluirse en Podemos.

20 nostrus

El BNF es un partido nacido y creado para restar. Con él la sociedad no progresa nada, muy al contrario nos devuelve a las cavernas y uno de sus rasgos que le caracteriza es el aislamiento y el desprecio de los demás pueblos con los que compartimos nación. Solo se afana en el deseo de una identidad gallega ficticia diseñada por ellos y olvidándose de la realidad; ¿quienes son ellos para diseñar la imagen de Galicia?. Nuestra región tendrá la imagen que el conjunto de ciudadanos quieran darle a través de su voluntad individual. La identidad se establece desde abajo por el conjunto de los gallegos y nunca desde arriba por el diseño de las mentes nacionáticas.

1 opinión

Mira chaval, xa sabemos que ti escribes nesta seción para provocar, e a veces o consigues. Pero debo lembrarche tres cousas. a primeira e que a túa opinión só che importa a tí e e un par de resentidos acomplexados coma tí. A segunda é que o BNG xa non contaba contigo, e a teceira é que non tés porque usar ese alias, porque sabemos quen eres, ...ou non traballas en Ponte.....?

19 A Tahona

Creo que o BNG debe dunha vez pasar a chamarse UPG

18 eusi

Outra refundacion da contra-requetefundacion? E outro que se vai agora que xa comezaban a ter votos e poder gobernar co Psoe! Que vida mais porca esta...

17 Breoghain

A ver se partires de agora a dirigência do BNG se preocupa de que os seus postos principais sejam ocupados por filhas e filhos da classe trabalhadora e que sejam soberanistas, e não por snobs.

1 Kollontai luguesa

Concordo na primeira parte, non na segunda porque eu son federalista e creo que o bloque ten capacidade de acoller a xente con sentimentos nacionais diferentes, sen desbotar aos federalistas. Eu sempre fun moi camilista, pero a candidatura de Vence foi un grave erro. El non estaba cómodo e notábase; ademais carecía de carisma e liderazgo. Evidentemente terá outras virtudes que non se amosaron cando foi portavoz... O que non me parece xusto para unha formación que o acolleu é que o faga dúas semanas antes e non despois ou hai un mes. Por que? Cui bono?