Temas: XAVIER VENCE BNG

Xavier Vence pide a baixa do BNG descontento polo rumbo da formación

O ex-portavoz nacional do Bloque remite unha carta á dirección da organización na que explica as "varias e complexas" razóns polas que tomou esta decisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/03/2017 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O ex-portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, solicitou a baixa da formación nacionalista a través dunha carta remitida á actual dirección da organización e unha semana antes de que o Bloque celebre a súa asemblea de refundación, prevista para os días 25 e 26 de marzo na Coruña. Segundo explicou o propio Xavier Vence en declaracións a Europa Press este mércores, na misiva, explica as razóns "varias e complexas" polas que tomou esta decisión.

Xavier Vence
Xavier Vence | Fonte: Europa Press.

Con todo, preguntado por estes motivos, Vence recoñeceu que se deben ao descontento co rumbo actual da formación frontista, pero rexeitou facer públicos, polo momento, estes argumentos. "As razóns son varias e complexas pero non vou facer agora ningún comentario nin declaracións específicas ata que decida se farei pública a miña carta", indicou.

Xavier Vence, que liderou a formación entre o 2013 e o 2016, era unha das voces críticas que existían no BNG e que avogaban por un cambio no modelo organizativo que posibilitase achegamentos co espazo de unidade popular de En Marea para competir contra o Partido Popular en Galicia.

Precisamente, o ex-portavoz nacional foi un dos militantes nacionalistas que secundou o 'Chamamento de Vidán', no que os asinantes consideraban necesario reforzar o espazo político do nacionalismo en Galicia e "tender pontes" entre distintas organizacións para configurar unha alternativa ao BNG

Temas: XAVIER VENCE BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

1 FRPU

Ben. Xa non queda vida intelixente no BnG. Agora comeza a campaña de insultos, descalificacións e inxurias da blocallada máis fanática contra este señor que até hai pouco era o seu líder. Déjà vu.