Por GC Emprende | Pazos de Borbén | 24/03/2017 | Actualizada ás 11:28
O relato do sindicato CIG do descuberto por unha inspectora na Residencia Xerontolóxica "Mi Casa" é estremecedor. Decordo a esta versión, os xestores estiveron ocultando a un grupo de anciáns durante varias primeiro na lavandería e logo nun galpón. Non foi até que a inspectora chamou a Guardia Civil que os xestores abriron a porta do galpón e descubriuse o suposto trato deningrante.
“Estas persoas estiveron arredor de catro horas en condicións degradantes, primeiro na lavandería e logo no galpón a máis de 25 grados de temperatura, sen auga, sen a súa medicación e incluso sen cueiros”, denunciou a central.
Que di Pedroso ante estas gravísimas acusacións? A emprendedora, segundo resume C.P. na Voz, admite que había sobreocupación pero nega que os anciáns estivesen agochados primeiro na lavandería e logo -aproveitando que a inspectora saira chamar- nun galpón. De acordo a súa versión, as persoas maiores estiveron en todo momento atendidas nas súas habitacións.
Pedroso vese vítima dunha persecución por parte do sindicato para que dimita de AJE. Esta directiva tamén tamén é vicepresidenta da Confederación Española de Jóvenes Empresarios (CEAJE) e vocal da patronal española COE. A CIG di que debe dimitir e que ten aos seus traballadores ameazados baixo un clima de “terror laboral”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.