Acusacións entre os sindicatos polo convenio de teleoperadoras

Moi precario, pero o traballo de teleoperadora é o sustento de miles de familias no país. Esta semana firmouse o convenio a nivel estatal. O que debería ser unha boa nova está a ensombrecerse polos duros cruces de acusacións dos sindicatos. CIG e CGT dun lado, UXT e CC.OO. doutro.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 06/04/2017 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

UXT e Comisión Obreiras firmaron o preacordo para os centros de chamadas coñecidos como ‘call centers’. O pacto coa patronal inclúe lixeiras subidas salariais para os vindeiros anos, entre o 0,6% e o 1,6%. Pouca cousa tendo en conta que o salario base parte duns 700 euros.

Traballadoras do telemarketing nunha manifestación na Coruña
Traballadoras do telemarketing nunha manifestación na Coruña

Estas dúas centrais tamén argumentan que lograrán reducir a precariedade, pois o acordo indica que todos os contratados como “obra e servizo” irán pasando a seren indefinidos. Máis descansos para as mulleres preñadas e regulación dos turnos -reducindo as xornadas partidas con quendas de 9 a 6 e de 12 a 9 da noite- son outras das vantaxas enarboradas por UXT e CC.OO.

A CIG, representada na mesa estatal dado a súa representatividade e ao peso do sector galego, negouse a firmalo. Di que “provocará para as traballadoras e traballadores perda de poder adquisitivo; non avanza na estabilidade no emprego e dá un maior poder para as empresa en materias tan sensíbeis como os horarios”. Esta a central e a CGT argumentan que as subas dos salarios non teñen en conta o IPC destes anos, cos soldos conxelados.

O sindicato nacionalista tamén alerta que o preacordo “permite un 50% de contratos temporais e a utilización de ETT, polo que non se pon freo á temporalidade”. Tamén culpa aos seus compañeiros sindicais de negarlles unha copia do pactado coa patronal.

A nivel estatal, a CGT rexéitao. A central anarquista interpreta que “supón unha renuncia a todas as reivindicacións daquela loita e mantén intacta a columna vertebral da precariedade do sector”, en referencia as mobilizacións destes anos..

“Desde a ínfima subida salarial, que supón un novo convenio colectivo con perda de poder adquisitivo, ata a renuncia a anular os artigos que permiten despedimentos por baixo das condicións do Estatuto dos Traballadores e nega o dereito á subrogación en caso de cambio de empresa, así como a perpetuación das xornadas parciais e o pluriempleo como única forma de obter un salario aceptable, a xeneralización dos contratos lixo, etcétera, todo é un rosario de claudicacións respecto do sostido apenas fai tres meses”, sinalan desde CGT.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 eusi

CCOO e UGT tiñan que asinalo asi, pois proximamente comezarán a sua campaña de afiliación contratando a estas empresas teleoperadoras: privatizar, precarizar, emponzoñar... Asi actuan esas duas centrais verticais

1 normal

e que esperas dos sindicatos do PP e da Marea

1 traballador

Os sindicatos expañolistas levando o honrado pobo galego a miseria e a desesperación, engañan, prometen e despois che venden pola porta de atrás, en plan izquierda la unitaria os patrons, metendo autenticas condicions leoninas no traballo, impoñendo autenticas atrocidades como o do contrato en formación de practicas, agora incluso por 3 anos como quere meter o partido putrefacto o PEPEIRO, e moitos deles tragan cutes, ogetes, e co.cos... están moi caidos en dereitas... están caidos en expaña... non fien dos políticos expañolentos e moito menos dos sindicatos expañolentos... QUE CHE VENDEN... isto xa e mercado de escravos!!!!