O telemarketing, sector do que vive unha gran cantidade de familias no noso país, está a vivir un proceso de precarización sen precedentes. Tras anos de negociacións sen éxito, os traballadores organizáronse e comezaron unha intensa loita, sendo as folgas e as manifestacións o seu día a día, mentres esperan sen moita confianza que a patronal ceda nos seus empeños e poidan recuperar a súa dignidade laboral.