MásMóvil priorizará investimentos en Galicia, Asturias e País Vasco tras facerse co 98% de Euskaltel, dono de R

Abanca, que acudiu á OPA coa súa 4,48%, embolsarase 88 millóns de euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/08/2021 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

MásMóvil priorizará investimentos en Asturias, Galicia e País Vasco tras facerse co 98% de Euskaltel no que cualifica de "éxito rotundo". En concreto, foi o 97,67% de aceptación o que tivo a oferta pública de adquisición (OPA) e asegura que activará a exclusión rápida de Bolsa "nos próximos días".

Sede do Grupo MásMovil en Madrid
Sede do Grupo MásMovil en Madrid | Fonte: Marta Fernández - Europa Press.

Así, o 97,67% dos accionistas de Euskaltel acudiron á oferta pública de adquisición (OPA) de MásMóvil, que lanzou unha oferta amigable de máis de 1.965 millóns de euros polo 100% da compañía, segundo confirmaron fontes do mercado e posteriormente notificou a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

MásMóvil necesitaba polo menos o 75% para facerse co operador vasco e reforzar a súa oposición como cuarto operador do Estado. Agora, espérase que a operación e integración se materialicen nos próximos meses e Euskaltel sexa excluída da Bolsa.

En total, o operador dirixido por Meinrad Spenger fíxose con 174.485.075 accións, segundo datos do regulador, que serán publicados con maior detalle no boletín de cotización das bolsas de valores correspondentes ao 6 de agosto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta