A Xunta permite despregar cables aéreos en chans rústicos se seguen os tendidos de telecomunicacións xa existentes

A lei galega do chan así o permite.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/11/2022 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A Xunta aclarou que a lei galega do chan permite despregar cableados aéreos en chan rústico para garantir os servizos de telecomunicacións á cidadanía, no caso de que sigan os trazados previamente existentes.

Reunión da Xunta Consultiva de Galicia
Reunión da Xunta Consultiva de Galicia | Fonte: Xunta de Galicia.

Así o sinalou o Goberno galego, que explicou que así o recolle un informe emitido pola Xunta Consultiva de Urbanismo de Galicia, que celebrou este venres a súa reunión mensual baixo a presidencia da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

Desta forma, a Xunta lembrou que a lei do chan de Galicia prohibe os novos tendidos aéreos en chan de núcleo rural tradicional, aínda que se refire, en exclusiva, aos novos tendidos.

Así, deixa á marxe o reforzo do trazado adicional sobre despregamentos aéreos previamente existentes, do mesmo xeito que as redes de nova creación que sigan o trazado de tendidos xa existentes doutras redes.

Así mesmo, sinalaron que, "ante a necesidade de facilitar a extensión" das redes de telecomunicacións a todo o territorio --con especial atención ao medio rural e costeiro non urbano e ás áreas máis illadas para permitir maiores velocidades de conexión a Internet-- a Xunta Consultiva de Urbanismo ditaminou que a interpretación da lei do chan "debe aplicarse unha lectura plenamente compatible" coa lei básica estatal de telecomunicacións, que así o establece.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta