En Allariz, ‘todos a unha’ por unhas conexións de calidade

O concello e a veciñanza únense para analizar a situación real das telecomunicacións e para reclamar ás operadoras e á Administración unha internet de calidade.

Por X.M. Fernández | Allariz | 26/09/2019 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A alcaldesa Cristina Cid, xunto con representantes veciñais, deu conta o pasado 24 de setembro da situación que sofre Allariz en canto ao deficiente servizo de conexión a Internet, dando voz a unha demanda urxente da veciñanza.

Concello de Allariz
Concello de Allariz | Fonte: GC

Segundo a rexedora “na actualidade Allariz sufre unha situación, no que ten que ver coa banda ancha, que fai imposible a conexión a Internet, na actualidade deficitaria e insuficiente, e imposibilita actividades comerciais e de ocio con normalidade”. Así mesmo, traslada á prensa que se teñen realizado numerosas xestións con operadoras e Administración, autonómica e estatal, co obxectivo de acadar alomenos os 30 Mb por segundo e a día de hoxe o resultado foi infrutuoso.

Co obxectivo de mellorar esta situación “inaceptable no ano 2019” Concello e veciños/as únense nunha campaña para acadar vías de solución a esta deficiencia. Unha das primeiras medidas será realizar unha recollida de sinaturas solicitando ás principias compañías de telecomunicacións  a disposición dun servizo de acceso a Internet de banda ancha en suba e baixada, sen límites de datos e a prezos axeitados, así como a creación dun mapa virtual real e actual.

Ademais, o Concello de Allariz pon á disposición da cidadanía un formulario para a recollida de datos que ofreza unha radiografía fiel da situación actual referente as conexións en Allariz co obxectivo de remitir a información aos responsables e solucionar esta situación de “desconexión”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta