Por E.P. | A CORUÑA | 25/01/2019 | Actualizada ás 18:48
Traballadores da empresa Teleperformance na Coruña secundaron este venres unha xornada de paros dunha hora e concentracións contra "a explotación laboral", nunhas mobilizacións convocadas pola CIG.
Nun comunicado, a central sindical afirma que estas protestas buscan "dar unha resposta á política de precarización laboral e despedimentos aplicada pola empresa e esixir solucións inmediatas". Respecto diso, explica que, a pesar dos "problemas" existentes en varias campañas e as solicitudes de reunión, "a dirección ignora, de xeito sistemático, as denuncias e négase a abrir unha negociación".
Por outra banda, advirte de que a situación laboral dos traballadores e traballadoras é "cada vez peor". "Con baixos salarios, modificacións arbitrarias das condicións e o abuso das contratacións a tempo parcial, á vez que se incrementan as presións e os acosos", cita como exemplos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.