Atos oferta postos similares aos dun contrato da Xunta sen adxudicar

A firma na que é directiva a sobriña de Romay busca técnicos en e-administración para Santiago. A Xunta leva seis meses cun contrato sen adxudicar para renovar a súa e-administración.

Por Walter Burns | Madrid | 01/03/2010 | Actualizada ás 00:15

Comparte esta noticia

A secretaría xeral de Modernización Tecnolóxica ten en marcha o concurso para a "posta en marcha da plataforma de e-goberno para a nova Admnistración Electrónica do Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia". A Xunta non fallou aínda a adxudicación, malia publicala no Diario Oficial da Unión Europea en xullo por valor de máis de millón de euros.

None

Dez novos postos de Atos Origin en Santiago

Curiosamente, a multinacional Atos Origin oferta varios postos de traballo que, a primeira vista, coinciden coas labores dese concurso aínda por resolver. Así, entre as vacantes en Compostela hai un "xefe de equipo de administración electrónica" e un "xerente administración electrónica". Os postos están ofertados dende o 26 de xaneiro.

En total, a consultora busca un total de dez novos traballadores para Santiago de Compostela, cidade onde até hoxe non tiña sede. Porén, o elevado número de contratas conseguidas da Xunta dende que chegou o PP semella que animaron a Atos Origin a instalarse na capital do país.

Galicia Confidencial desvelou que esta multinacional multiplicou os seus contratos coa Xunta dende a chegada do PPdeG ao poder. Esta consultora gañou oito adxudicacións en menos dun ano, por valor de case 4 millóns de euros, tres delas mediante procedementos sen publicidade.

A secretaría xeral de Modernización Tecnolóxica adxudicoulle a redacción de todos os seus plans de novas tecnoloxías. Atos Origin logrou dous deses plans sacando a máxima nota posíbel en todos os apartos salvo no máis obxectivo, a oferta económica.

Ex-colaboradora directa de Feijóo

Carmen Martín de Pozuelo Romay é directiva desta empresa na central de Madrid. Martín de Pozuelo é sobriña de Romay Beccaría, ex-líder do PP coruñés e un dos mentores políticos de Alberto Nuñez Feijóo.

Tanto o presidente da Xunta como a propia secretaría xeral de Modernización negaron calquera trato de favor a esta empresa. Feijóo recomendou á prensa que "sería bo non lanzar cuestións que non son certas e afectan á honorabilidade de persoas que non poden defenderse".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 anónimo

Carlitos, eres un cachondomental, aparte de HOOLIGAN, pero Albertito Núñez no vale ni para una comunidad de vecinos.

1 Carlitos

Seguís sin pruebas, simples especulaciones para manchar el honor del mejor presidente que nunca tuvo Galicia. También os lo puedo decir de otra manera, pronto judicialmente: Carumeiro, Carrumeiro, Carrumeiro. O si lo preferís, Seixo Blanco, Seixo Blanco, Seixo Blanco.